... no meu corazón, pero ti estás lonxe de min e eu sigo aquí, soa sen ti, soa sen ti."
Así cantaba Shin Chan no seu momento, e ben o podería estar facendo estas semanas nas que estamos empezando a desenvolver xa rasgos anfibios de tanto chover. A pesar desta introdución, non imos falar do entrañable Shinnosuke Nohara, senón do que chove e de tódalas palabras que temos en galego para falar de toda esta auga que xa nos vai aburrindo.
Para iso, imos tomar prestado un bo anaco do dun artigo publicado vai anos en GCiencia no que se resumen moi ben os distintos tipos de precipitacións.
Chove pouco
Babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poalla, poallada, poalleira, poallo, zarzallo.
Chove forte
Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina.
Chove con xeo ou neve
Auganeve, cebrisca, escarabana, nevada, nevarada, nevareira, nevarío, nevisca, nevarisca, pedrazo, salabreada, sarabiada, torba, xarapada.
Hai raios e tronos
Tronada, treboada, torboada, torbón, trebón.
Vai parando de chover
Amizar, delampar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar.
E aínda que non chova, tamén podemos ter condensación de auga
Borraxeira, borraxoia, brétema, cegoña, fuscallo, néboa, neboeiro, nebra.
Pois con esta colección de vocabulario que vos deixamos, agora xa podedes falar do tempo, que é algo moi frecuente nestes días, con propiedade e elegancia. E non vos desanimedes nin poñades tristes, que xa sabemos que nunca choveu que non escampara.

Ningún comentario:
Publicar un comentario