07/05/25

Visita de Andrea Maceiras

Onte o Instituto Río Miño de Rábade recibiu a visita de  Andrea Maceiras que charlou co alumnado de 2º de ESO a propósito da súa obra Alma de elefante, que eles leron durante este curso. 
A visita tivo lugar no marco das actividades organizadas polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, a Biblioteca e o EDL do noso Centro.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.