24/02/21

Celebremos o Día de Rosalía, un ano máis!

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021

 

Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto… miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.

Así comeza o Manifesto. Se o queres ler enteiro, entra aquí

23/02/21

Os dous de sempre

Na categoría de alumnado de 4ºESO e Bacharelato do Concurso de Contacontos na Rede organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño resultou vencedor o seguinte traballo de Pablo Rosón, Diego Rodríguez Campo e Pablo Rodríguez Rigueiro a partir dun fragmento d' Os dous de sempre, de Castelao. 


Moléculas de ADN: Modelos realizados polo alumnado de 4º de ESO


 

22/02/21

O raposo e o lobo

Con este relato, Uxía Moreno obtivo o 1º Premio no Concurso de Contacontos organizado polo Equipo de Normalización Lingüistica do IES Río Miño

Contacontos: Traballo de Noa López Follana

Na categoría de alumnado de 1, 2º e 3º de ESO Concurso de Contacontos na Rede organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño obtivo o 2ºpremio o seguinte traballo de Noa López Follana

18/02/21

Premio do Concurso de Contacontos IES RÍO MIÑO

 Acaba de fallarse o Concurso de Contacontos a través da Rede, convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Río Miño en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Desde aquí queremos felicitar ao alumnado clasificado. Nos próximos días iremos publicando neste mesmo blog da Biblioteca os vídeos e audios cos traballos premiados.


No 1º NIVEL (Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO) as premiadas foron:

1º PREMIO (50€ en material escolar): UXÍA MORENO FREIRE (3ºB) co conto: "O raposo e o lobo".

2º PREMIO (40€ en material escolar): NOA LÓPEZ FOLLANA  (3ºB) polo seu conto.


No 2º NIVEL (Alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharaleto) os premiados foron:

1º PREMIO (50€ en material escolar): PABLO ROSÓN FERNÁNDEZ, DIEGO RODRÍGUEZ CAMPO e  PABLO RODRÍGUEZ RIGUEIRO cun relato teatralizado sobre un fragmento da novela de Castelao   Os dous de sempre.

Recibido... e compartido


01/02/21

Programación teatral de Febreiro

ATENCIÓN ÁS RESTRICIÓNS!  

Teatro no Auditorio  Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en  https://www.entradaslugo.es/ 

Convocado pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal


 A participación canalizarase a través dun novo sitio, relatos.gal, que facilitará a entrega dos textos e a cobertura dos formularios requiridos. O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2021. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros- e relacionados coa lectura. As bases completas e a lista de premios están dispoñibles na páxina web relatos.gal. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.

26/01/21

«Memorias dun neno labrego», 60 anos dun «best seller», por Malores Vilavedra

«Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre», este quizais sexa un dos comezos máis icónicos da literatura galega, do noso primeiro best seller, que coñece traducións a case vinte idiomas. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, cumpriu 60 anos este xaneiro e, aínda que o noso rural dista moito daquel, segue a zumegar a historia do que fomos.

O escritor propúxose contar a vida dun rapaz de aldea nos anos corenta en Galicia. Podería ser a súa, pero non é unha novela autobiográfica, pois non protagonizou as historias de Balbino, pero si son propias a paisaxe, a carestía, as escasas posibilidades de estudo, as tradicións, o traballo arreo no campo, o retrato social... A novela escríbea unha década despois de chegar a Buenos Aires. Como tantos emigrantes, buscou alén mar un futuro mellor e para iso tivo que traballar vendendo teas ou como panadeiro. Nos últimos anos encargábase da contabilidade dunha casa importadora de madeiras e polas tardes apuraba os trámites para ter tempo de sentar nunha cafetería da rúa Cullén e escribir mentres arrefriaba un café que moitas veces nin probaba. O camareiro ourensán non perdía a oportunidade de outear mentres servía a Pepe e este, vendo a súa curiosidade, cando rematou a novela deulla a ler, incluso antes que á súa muller, Anisia. Despois leu aquelas follas soltas Dieste, quen sucumbiu ante a lograda psicoloxía do protagonista, e este pasoulla a Seoane que lle propuxo publicala en Citania, a editorial que fundara en Arxentina.

NOVO ÉXITO NO 2020

Para entón, Neira Vilas xa era un galeguista comprometido na quinta provincia e creara a librería Follas Novas coa intención de distribuír os libros galegos. Non só os vendían, senón que os expuñan en oito vitrinas das asociacións galegas para que estivesen visibles á colectividade en diferentes puntos da cidade e cada oito días mudaban os expositores. Amais da venda de libros, Follas Novas tamén publicaba algúns títulos e, sen dúbida, Memorias dun neno labrego foi o de máis éxito. O escritor non aceptara a invitación de Seoane de publicalo no seu selo, mais si a ilustración para a cuberta.

A historia de Balbino axiña alcanzou notoriedade entre a colectividade emigrante, non en van era a memoria de moitos dos galegos que cruzaran o Atlántico. Tamén chegou a Galicia, onde se distribuíu a través da Editorial Galaxia ata que se publicou en Ediciós do Castro. A día de hoxe converteuse nun clásico das nosas letras, mais tamén nun libro popular querido por milleiros de persoas.

Era o 5 de xaneiro de 1961, Memorias dun neno labrego chegaba como un agasallo temperán de Reis, así o recibimos dende entón, como unha alfaia dun tempo ido, como unha memoria sentimental de moitas xeracións de galegos. Trinta e cinco edicións despois, a novela de Neira Vilas segue a ser o poderoso relato dunha época, non exento de crítica social e dignidade, que mantén o sabor dunha lingua rica, que o escritor lonxe de esquecer na emigración ampliou, como sempre recordaba.

No 2020 foi un dos dez libros máis vendidos da Editorial Galaxia. Xa non podemos escoitar a Pepe contarnos con agarimo as súas vivencias, pero seguimos a prender na súa prosa e ese será sempre o seu éxito, ser un escritor do pobo.

Artigo completo en La Voz de Galicia, aquí


Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.