30/10/20
24/10/20
20/10/20
Anquises, poema de Olga Novo
Arrastras os pés papá
lévote cos ollos ao carrelo
porque tentas fuxir da vellez coma dunha guerra ancestral
eu súbote ás miñas vértebras
combadas polo peso
arrastras os pés pero eu podo contigo
e lévote ao carrelo
ata o final da vida.
Arrastras a linguaxe e non che vén
á memoria un verbo
que aniñaba na parte esquerda do cerebro e eu
completo a túa frase coa palabra arar querer sachar tractor ou balboreta arrastras
a mente cara o pasado
e só lembras aquela feira de 1952
cando se lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita
e lles sangraban os pés no río
a sua cornamenta aínda se abre nalgunha das túas neuronas
e volves a ser un tratante de gando corenta anos despois.
Eu non sei ata cando lembrarás inda o meu nome
e saberás aínda que son a túa filla.
Descoñezo como se enrodelan as terminacións nerviosas
e se crispan e ás veces atopan unha luz silábica
que lles indica o camiño.
Como é que de súpeto non sabes talvez
que había que pór un pé diante do outro
para poder soñar
e que se arrodeas unha muller cos brazos iso é amor
e todo o demais
desaparece.
Porque así de sinxelo é o universo.
Como o pequeno lexema ao que te agarras algunha tarde
como se fora o mango dunha gadaña.
Ti
que fuches un orador no medio do agro ante un público estupefacto
de corvos grilos toupas ovellas e libeliñas
Ti
que tiñas a intuición do poema na punta da lingua
e explotábache no ceo do padal coma un figo maduro
carnoso exacto e brutal.
Que sabías que a nosa lingua o trigo déitase
ante unha orde do vento
que a rama das patacas arde
que existen cousas tan finas
coma a lingua dunha pita...
e só lembras aquela feira de 1952
cuando se lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita.
Papá
como será
cando se che despalatalicen as consoantes
e vexas chover desde dentro sen entender a auga
e remexas a lingua ata atopar a forma máis adecuada
e sorrís porque sabes
que aínda non caíches definitivamente
na curva melódica do silencio.
Lembras
con toda exactitude
que mamaches ata os cinco anos nos peitos da mai Benigna
que parira dazaseis fillos no último cuarto da casa
agarrada á branceira rezándolle a algún santiño
rompendo tódalas augas coma quen escacha un océano...
Eu penso que a podes ver ata cos ollos abertos
espalancados ao alén
cando ficas absorto e ninguén alcanza a saber
en que dimensión da marabilla está pousado o teu cerebro
coma as patiñas pequenas dun paporroibo riba da galla dunha pereira.
Igual ves a neve por dentro
a estructura molecular do amor
as partículas dun bico cando se está formando na carne dos beizos e o ar
igual ves
a enerxía
e non atopas no abecedario
ferramentas para o inefable
e por iso calas ou lle chamas culler á lámpada a
e te trabas no medio da oración simple
e comenzas a falar feremosamente poñendo por diante a subordinada.
Porque á fin
papá
te dirixes a min sen orde nas túas ordes
e desfás a sintaxe igual que debullabas fabas
e todo cobra o senso profundo daquilo que non ten lóxica
nin está sometido a nada.
Igual ves a neve por dentro
igual entendes a sombra
e es quen de calcular o radio dunha paixón
aínda que o resultado non poida comunicarse
máis que a través de pel.
Igual ves como vén cantar o poema na caracol do oído
e lle ves esvarar do peteiro ese po dourado
e caerme no tímpano
cando empezo a chorar coa emoción da escritura.
Igual ves como se me encolle a alma
cando se che encolle a túa.
Igual ves como ven cantar o poema no caracol do oído
e lle ves esvarar do peteiro ese po dourado
e carme no tímpano
cando empezo a chorar coa emoción da escrita
e ti só lembras aquela feira de 1952
cando se lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita.
16/10/20
15/10/20
Olga Novo, Premio Nacional de Poesía
A poesía galega, e en especial a escrita por mulleres, parece estar en moi boa forma. Por segundo ano consecutivo, unha poeta galega obtén o Nacional de Poesía.
O xurado seleccionou Feliz Idade, de Olga Novo, poeta nacida hai 45 anos en Vilarmao, na Pobra do Brollón.
Parabéns á autora!
08/10/20
A neoiorquina Louise Glück, gañadora do Nobel de Literatura 2020
Este ano, o Nobel de Literatura recaeu na poeta norteamericana Louise Glück.
Se entras aquí podes coñecer algúns dos seus poemas.
Se entras aquí podes coñecer algúns dos seus poemas.
06/10/20
01/10/20
24/05/20
22/05/20
21/05/20
19/05/20
17/05/20
Homenaxe a Carvalho Calero
Aínda que o confinamento por causa da covid19 impediu a edición e a montaxe do vídeo en homenaxe a Carvalho Calero que o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Río Miño de Rábade preparaba para estas datas, consideramos que o material gravado ten interese como para mostrármolo aquí.
16/05/20
14/05/20
23/03/20
Aulas galegas, recursos educativos na casa
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro ante a situación de illamento provocada polo Covid-19.
Contén diferentes actividades clasificadas por cursos e materias, desde Infantil a Bacharelato e FP.
Tamén en Twitter.
22/03/20
18/03/20
14/03/20
06/03/20
24/02/20
12/02/20
23/01/20
Axenda 2030
O 25 de setembro de 2015, 193 países nos comprometemos cos 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o año 2030.
Os obxectivos perseguen a igualdade entre as PERSOAS, protexer o PLANETA e asegurar a PROSPERIDADE
como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible. Un novo contrato social global que
NON DEIXE NINGUËN ATRÁS.
Unha España que acadase os ODS en 2030 será o país co que todos e todas soñamos.
Por iso, a Axenda 2030 está xa no centro da visión de Estado e da acción de Goberno.
Representa unna forma de actuar no mundo. Para acadar as metas de cada Obxectivo
TODO O MUNDO ten que facer a súa parte: os gobernos, o sector privado, la sociedade civil
e persoas coma TI.
COMPÁRTEOS E ACTÚA!
Entra aquí
22/01/20
A Compostela
O alumnado de 4º ESO acudiu onte a Santiago de Compostela para asistir á representación da obra Pelos na lingua, de Talía Teatro, nunha actividade extraescolar organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca do noso Instituto.
Acompañaron o grupo as profesoras Isabel Pardo e Marta López.
15/01/20
08/01/20
19/12/19
Fraguas
Un grupo de alumnos e alumnas, acompañados da profesora Isabel Pardo, visitan os paineis da exposición sobre Antonio Fraguas e a súa presenza en Lugo, dispostos no vestíbulo do Centro.
18/12/19
Antía Yáñez
A escritora burelesa Antía Yáñez, autora de Senlleiras (2018), estivo no noso Centro o pasado martes para impartir unha charla-coloquio ao alumnado de bacharelato sobre a súa obra.
10/12/19
13/11/19
25/10/19
23/10/19
De novo, Astérix
En poucos días estará nas librarías (e tamén na nosa biblioteca) a nova entrega das historias de Astérix e Obélix, titulada A filla de Vercinxetórix.
Como xa é habitual, poderemos lela na nosa lingua ao mesmo tempo que noutras 20, esta vez grazas á editorial Xerais.
17/10/19
14/10/19
Día das Escritoras
Hai algúns anos que se vén celebrando este día, por iniciativa, entre outros, da Biblioteca Nacional coa idea de recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e loitar contra a discriminación histórica que sofren as escritoras, na súa condición de autoras e mulleres.
Desde 2016 celébrase anualmente no luns máis próximo á data da festividade de Santa Teresa de Xesús, cada 15 de outubro, e este ano corresponde celebrármolo no día de hoxe.
Pero, como tantas veces sucede, combater calquera discriminación e ler non debe ser flor dun día.
03/06/19
Guitiriz
O pasado xoves, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Río Miño de Rábade visitaron co alumnado do IES de Guitiriz a casa do poeta Xosé María Díaz Castro.
24/05/19
Calendario
Daniela Vázquez Zapata (esquerda) e Paula López Carpintero, alumnas de 4ºESO do noso Centro e autoras do deseño do calendario conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019, recollen os diplomas acreditativos do premio outorgado polo Equipo de Normalización Lingüística.
17/05/19
16/05/19
14/05/19
Día das Letras Galegas 2019: Antón Fraguas
O alumnado de 4º ESO contribuíu á celebración do Día das Letras Galegas co seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas Fraguas.
08/05/19
Visita
Igual que nos últimos cursos, onte o alumnado de 4ºESO do noso centro visitou a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Acompañaron o grupo as profesoras Isabel Pardo e Marta López.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.

















































