E a seguir publicamos o relato que obtivo o segundo premio no concurso das Letras Galegas do Instituto. A súa autora é Anabel Cruz
Ribeiro, alumna de 1ªESO-B.
Parabéns.
Ás veces as persoas temos
moitos soños e vivimos desexando que se cumpran algún día, pero
unha rapaza duns dez anos dunha vila do norte de Galicia chamada
Xulia, ten un único soño: poder vivir nun mundo no que non haxa
guerras, desigualdades, pobreza… E ela quere loitar por el cando
sexa maior. A Xulia non lle gusta ver o telexornal porque se pon moi
triste ao ver tanta xente pelexándose, roubando, matando…
-Papá, por que a xente e
tan mala? -pregúntalle Xulia sempre ao seu pai.
-Esa é unha boa pregunta,
pero eu non sei como contestarcha -dille case sempre seu pai.
Moitas noites Xulia vai
chorando para a cama pensando en toda a xente que non ten onde durmir
nin nada que comer. Un día normal de escola, Xulia vístese para ir
a escola algo triste polo que escoitou onte na radio, ían desaloxar
unha familia de Lugo por non poder pagar o aluguer do piso.
-Bos días -saudou Xulia á súa mellor amiga, Gloria.
-Bos días Xulia, nótote
un pouco triste, é polo que dixeron onte na radio?
-Si, xa sabes que me da
moita pena iso.
-Pois téñoche unha boa
noticia, a miña tía formou una ONG, chámase “Unidos por un mundo
mellor”. Se queres, podes formar parte dela, só tes que ir ao
lugar no que está e pedirlles que che fagan socia.
Xulia botou toda a mañá
moi contenta pensando no que lle dixera Gloria. Pola tarde cando
acabou de estudar foi a ONG e pediulles que a fixeran socia pero
dixeron que non podían porque era menor de idade. Xulia moi
desilusionada volveu para a súa casa cos ollos cheos de lágrimas.
Cando ía abrir a porta atopouse con seu pai, seu pai notoulle que
lle pasaba algo e díxolle que fora para ao seu cuarto que ían falar
do que lle pasaba.
-Que che pasa tesouro?
Sabes que me tes aquí para o que sexa; anda, dime que che pasa.
-É que Gloria me dixo que
a súa tía formara unha ONG e que eu podía formar parte dela. Pero
cando fun alí para formar parte dela dixéronme que non podía ata
que fora maior de idade -dicía Xulia chorando.
-Tranquila, non te
preocupes. Se te fai máis feliz podo facerme socio eu e doar uns
poucos cartos todos os meses para a xente que máis o necesita, dixo o
pai cun pequeno e tímido sorriso para que a súa filla se alegrase
un pouco.
-Farías iso por
min? Moitas grazas papá, es o mellor pai de todo o mundo, quérote
moito -dicía Xulia xa máis tranquila e contenta.
-Eu tamén te quero, corazón.
Xulia, xa máis tranquila
baixou a xogar ao xardín o pouco que quedaba de tarde. Cando chegou
a hora de cear entrou na casa cun sorriso amplo e foi lavar as mans
antes de sentarse á mesa; cando chegou á cociña estaban dando o
telexornal e ao velo borróuselle o sorriso que tiña na cara, o seu
pai notoullo e cambiou rapidamente de canal pero a noticia xa estaba
gravada na súa mente: dezaoito persoas mortas nun atentado.
-Xulia, contra iso non se
pode facer nada.
Pero Xulia non o escoitou
e foise para a cama sen comer, chorando. Gustaríalle que as persoas se
concienciaran do dano que fan cando fan esas cousas e que a xente que
pode intentar paralos faga algo.
Pasaban os días e Xulia
seguía triste porque no telexornal non saían máis que roubos,
atentados… Como o pai de Xulia vía que ela seguía triste, decidiu
formar parte dunha asociación para enviarlle alimentos á xente dos
países pobres; facendo isto conseguiu animala un pouco.
-Moitas grazas, papá, es o
mellor do mundo.
-E ti a mellor
filla -dicía o pai despois dun forte abrazo.
Pasaban os días, os
meses… e estas cousas non paraban e Xulia concienciouse de que ela
non podía facer nada contra iso a parte de que era moi pequena.
Fíxose unha promesa a si mesma: cando fose maior ía estudar medicina
e ía ir a traballar aos países países máis necesitados.
Co tempo Xulia medrou e, agora, xa era unha muller. Estudou medicina como prometera hai tempo
e agora estaba traballando nos países pobres e tamén formaba parte
dunha ONG que repartía alimentos e roupa. No seu tempo libre tamén
escribe historias, esta escribiuna ela e dedícalla ao seu pai que
recentemente faleceu.
Papá, esta historia só é
unha pequena parte da nosa historia. Moitas grazas por axudarme
sempre e á xente necesitada cando eu cho pedía. Un bico moi grande: nunca te olvidarei, sempre estarás ocupando un oco moi importante no
meu corazón.
Asinado: Xulia
Ningún comentario:
Publicar un comentario