Aínda estás a tempo!!
Coma outros anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2019", que se rexerá polas seguintes
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do Centro.
- Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
- Extensión máxima: tres folios.
- Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
- Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
- Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
- Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
- Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO de 15'00 euros en material escolar.
- Data límite de entrega: 9 de maio de 2019.
- O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario