Este é o texto gañador do tradicional Certame Literario que, co gallo do Día das Letras Galegas, convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso IES. A autora, Patricia Seijas Díaz, é alumna de 4º curso de ESO.
Aló
polas claras noites de verán, nas que brilla a lúa chea coma un
queixo fresco, subía eu pola corredoira chamada As Monchas e ía
saír a uns pastos nos que descendía do outeiro, chamados Pradellos. Alí era onde todos os veciños tiñan un enorme prado para manter
as vacas. Eran moi apreciados porque tiñan fontes que baixaban da
montaña da Pena Chá, onde bebían o gando e os señores e señoras
que o gardaban.
Dábame
pracer camiñar soa á escuridade con soamente a luz da lúa . Non
temía a nada, nin sequera aos lobos. Mais víaos no alto das
penas, sempre en mandas de sete . Eu choraba de pena porque me
sentía soa, a pesar de ter amigos. O meu tormento era que ao
nacer un martes trece fose unha lobishome. O medo de selo tíñame
consumida, mesmamente eu xa o tiña asumido. A miña gran paixón
sempre fora cantar en galego, recitar poemas e escribir poesía;
exaltar Galicia érame unha función vital. Por outra banda, eu sempre pensaba que os lobos me temían porque eran sabedores de que
os lobishomes eran moito máis fortes ca eles .
Pois
recordo moi ben un día no que fun ata os Pradellos e pensei o que
despois escribín na libreta coa que sempre viaxaba polos montes.
Máis tarde, xa na casa, elaborei as seguintes palabras dun xeito
pobre e vulgar.
´´
Penso que son unha lobishome mais eu axúdolle a todas as persoas
que o necesitan, defendo Galicia e choro polo mal, este verán
estouno pasando moi deprimida pola traxedia de Angrois. Os soños de
tantas familias que ficaron rotos, nenos, mozos e anciáns que
voltaban á casa ou estaban de visita para celebrar o Apóstolo ´´.
Despois
de pensar isto quedeime pálida, chorei ata encher un rego, e
despois mirei ó ceo e a lúa seguía brillando. Fitaba para min e
eu para ela, coma se fósemos mudas. Sentín a campá da igrexa de
Santa Cruz de Parga dando a unha da madrugada. Nese momento da
escuridade, dunha carballeira saíu un moucho e asomouse a min,
nese momento si que sentín temor polos ditos desta ave.
Isto
penseino todo o outono, deille voltas na cama, mentres, lograba
conciliar o sono; pero nunca lle busquei sentido. Non voltei aló
nin sequera fun apañar cogomelos e castañas. Penso que nunca
esquecerei estas lembranzas igual que nunca esquecerei o día tan
fermoso que pasei co meu amor na Romaría da Barca.
Cando
chegou o inverno decidín comentarlle todo isto á miña mellor amiga, María Uxía. Ela pensou e chegou á conclusión de que me viña
ben ir de novo ata aqueles pastos e buscar unha explicación aos
meus sentimentos e resolver o misterio. Decidimos ir polas vacacións
de Nadal. Sentía medo por ter que ir de novamente ata ese lugar,
mais acompañada por Uxía a nada debería temer.
Ao seguinte día relatei brevemente a nosa nocturna viaxe.
´´
Subimos por As Monchas e despois tivemos que descender para chegar ao
val onde se atopaban aqueles pastos, polos que eu camiñaba no
verán . Ao primeiro miramos pero non atopamos nada estraño . Pero
despois de tanto observar atopamos no medio das pudias e das xestas
unha carta escrita a man cunha fermosa e comprensible letra. Lina e
cando a rematei de ler vin que estaba firmada polo meu noivo. El,
como me coñecía, sabía os meus pensamentos e mais os montes polos
que paseaba ´´.
Voltei
para a casa coa compaña da rapaza e cavilando ledamente canto me
quería esa persoa e canto penaba por min . A verdade era que eu
tamén a amaba desesperadamente. Era unha persoa comprensiva,
respectuosa e que simpatizaba con todos. Un rapaz dous anos maior ca
min, ese ano cursaba o terceiro curso de carreira na mesma
universidade ca min .
Dende
aquel día penso que comecei a aumentar a miña felicidade e
borróuseme a obsesión de que era unha lobishome. Á miña cara
asomaba un soriso dende que saía o sol ata o escuro anoitecer. Ao
chegar a primavera aínda estiven máis contenta vendo as flores dos
campos e escoitando piar os paxaros. Pero, aínda así, sufro polos
demais e polas desgrazas do mundo, pero xa non por min mesma;
porque vin que non todas as persoas nos momentos débiles teñen tan
bos apoios como tiven eu .
O
seguinte verán saín a pasear co meu amor polas claras noites de
luar polos montes máis fermosos da parroquia .
Xa
hai agora setenta anos que aconteceron os feitos que acabo de narrar
. Fíxeno, mentres viña á praia a Muxía no coche . Á poboación
de agora non lle estraña que viñese no asento do piloto escribindo .
Pero ás persoas que agora xa non están pareceralles algo imposible
. Por iso, a elas, voulles explicar que agora os coches que
anunciaban no 2014 para o futuro xa están aquí. Todas as persoas
os temos, ata eu que teño 99 anos poido viaxar soa no meu propio
coche . Agora sei que xa son moi maior e que logo vou morrer, por
iso lles deixo un recordo de min a todo mundo. Aínda así, vou
enviar unha copia á terra na que habitan os mortos .
Ningún comentario:
Publicar un comentario