O xurado do Premio Princesa de Asturias vén de anunciar esta semana a concesión do galardón na súa categoría de Comunicación e Humanidades do ano 2026 ao estudo de animación xaponés Studio Ghibli, responsable dalgunhas das mellores películas do sector dos últimos corenta anos.
O estudo foi fundado en 1985 por Hayao Miyazaki (xenio absoluto deste arte), Isao Takahata (coñecido antes en España por Heidi e Marco) e o produtor Toshio Suzuki. A colaboración entre os dous primeiros levou no ano 1984 á realización da exitosa película "Nausicaä do Val do Vento", sobre un manga orixinal de Miyazaki, e chamou a atención de Suzuki, que o animou a investir e fundar o estudo en colaboración cos outros dous. Poderiamos estar aquí horas e horas comentando sobre o que é a nidustria xaponesa do manga e a animación, pero mellor imos deixar unha lista de cinco películas (cinco por non aburrir, poderían ser moitas máis) que ilustran perfectamente o que é Studio Ghibli e que acadan unha calidade media altísima.
Imos alá:
1. A viaxe de Chihiro (2001)
Chihiro é unha nena caprichosa de dez anos que durante unha mudanza dos seus pais queda atrapada nun mundo máxico e sobrenatural onde deberá sobrevivir e buscar a forma de liberar a seus pais (que foron transformados en porcos) e atopar como volver ao mundo humano.Unha fábula sobre o paso da infancia á idade adulta na que podemos atopar algunha similitude con Alicia no país das marabillas.
2. O meu veciño Totoro (1988)
Unha familia xaponesa da década de 1950 trasládase a vivir ao rural. As dúas fillas, Mei e Satsuki, coñecen a Totoro, un espírito do bosque do que se fan amigas. O pai de familia cóntalles historias máxicas ás nenas mentres a nai está enferma no hospital.
Aquí temos novamente o tema da infancia e como afrontar cambios bruscos e situacións difíciles, mentres de fondo está presente a idea da conexión humana co entorno.
3. Hotaru no haka (trad. esp. "La tumba de las luciérnagas") (1988, 2003 en España)
Xapón, Segunda Guerra Mundial. Seita e Setsuko son fillos dun oficial xaponés. Un día, durante un bombardeo, non conseguen chegar ao búnker onde está súa nai. Cando a atopan, está ferida e acaba morrendo. Tras pasar un tempo na casa dunha tía, vagarán sós e sen rumbo.
Se nas anteriores había momentos de tenrura e algúns de tristura, aquí non, podedes preparar a caixa de panos de papel, a película é fermosísima, pero ides chorar coa pena ata a deshidratación.
4. Porco Rosso (1992)
| ("Prefiro ser un porco a ser un fascista") |
Cine de aventuras ao estilo clásico.
5. A princesa Mononoke (1997)
Ningún comentario:
Publicar un comentario