A alumna de 1º ESO B Mariam Serbout Barrass conseguiu o 1º premio do concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero convocado polo EDL e a Biblioteca do IES Rio Miño de Rábade. Aquí está o seu microrrelato.
Laura, de 21 anos, coñecera a Mario na universidade. Ao principio foi cariñoso e atento, pero logo mostrou o seu lado controlador. Primeiro foron comentarios sobre a súa roupa e amizades, logo insultos e, finalmente, golpes.
Sentíase atrapada entre o medo e as promesas de cambio. Unha noite, despois dunha agresión máis, decidiu falar coa súa mellor amiga. Con ela buscou apoio e denunciouno. A recuperación non foi fácil, pero Laura comprendeu que a violencia nunca é amor, e que merecía unha vida libre.
Pouco a pouco, comezou a reconstruir o seu futuro con esperanza e forza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario