25/10/22

A orixe da nosa lingua guapa

 A seguir presentámosvos a película A orixe da nosa lingua guapa, unha produción de ficción da Real Academia Galega para explicarlle ao público máis novo como foi o proceso de formación do galego.

O filme pode verse na páxina web primaveradasletras.gal, o proxecto da RAG dirixido ao público de infantil, primaria e os primeiros cursos da secundaria. Con el bota a andar unha nova sección deste espazo, “Lingua Guapa”, que divulgará contidos sobre a lingua e a cultura galegas alén dos que esta páxina web xa ofrece dende 2016 sobre a personalidade á que a institución lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas.


Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.