16/03/22

Teatro Clásico en Lugo

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da lingua presenta unha nova edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, e con esta xa van XXII edicións.

Durante este mes de marzo, dende o día 11 até o 27, teremos unha nova oportunidade para gozar coas mellores propostas de teatro clásico na nosa cidade.

Trátase dunha programación especial, extensa, de calidade e para todos os públicos.

Nesta 22ª edición son 12 as obras que se representarán, tres máis que na pasada edición, e recuperando a rúa e espazos singulares como o Vello Cárcere para a representación, aínda que o groso da Mostra será no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabe destacar tamén que hai unha aposta por aquelas compañías galegas que se atreveron neste pasado ano a producir obras clásicas, compañías tan solventes e de traxectoria contrastada como Voadora, e outras que chegan a Lugo baixo o paraguas do Centro Dramático Galego (CDG), como é o caso de “Arte sen guión”, un espectáculo de improvisación.

Tamén nesa edición hai teatro na rúa con “Quen ocupa esa cadeira” e no Vello Cárcere con “El perro mutante del hortelano”, sendo os dous gratuítos e o último con dúas funcións.

Outras pezas que se representarán nesta mostra veñen avaladas por éxito de crítica e público en diversos festivais de España, ou comezan a súa andaina na mostra lucense.

Hai dúas pezas de teatro familiar para achegar o teatro clásico aos máis pequenos con “Fuenteovejuna”, adaptación de Sol y Tierra da historia do Comendador de Ocaña para os máis pequenos, e un “Pulgarcito”, obra cume do Barroco que representará para toda a familia Teatro Paraíso.

Outras, “Lázaro” e “Othello”, contan coa colaboración da AGADIC.

PROGRAMA COMPLETO

Venres 11 de marzo:

“El Busclown” de La Escalera de Tijera.

Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 12 de marzo:

“La escuela de los vicios” de Morfeo Teatro.

Gustavo Freire. 20,30h.

Martes 15 de marzo:

“El perro mutante del hortelano” de Emma Lobo.

Vello Cárcere. Dous pases; 18.30 e 20.30h. Gratuíto.

Xoves 17 de marzo:

“Lázaro” de Leamok.

Gustavo Freire. 20,30h.

Venres 18 de marzo:

“Noche de Reyes” de Ur Teatro.

Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 19 de marzo:

“Macbeth” de Gabriela Cortés.

Gustavo Freire. 20.30h.

Domingo 20 de marzo:

“Fuenteovejuna” de Sol y Tierra.

Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar.

Xoves 24 de marzo:

“Arte sen guión” de Galeatro e CDG (Espectáculo de improvisación).

Gustavo Freire. 20.30h.

Venres 25 de marzo:

“Othello” de Voadora.

Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 26 de marzo:

“Quen ocupa esa cadeira. Clásicos” de Palimoquiños.

Praza Mayor (En caso de choiva no Vello Cárcere). 12h.

“Ubú Le Roi” de Los Sueños de Fausto.

Gustavo Freire. 20,30h.

Domingo 27 de marzo:

“Pulgarcito” de Teatro Paraíso.

Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.