ESTRELA,
BRILLA COMO TI SABES.
1º premio no CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS 2017. Categoría 4º ESO e BAC
1º premio no CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO LETRAS GALEGAS 2017. Categoría 4º ESO e BAC
Sempre
nos din que obsesionarse non é bon, convéncennos de que é o
esforzo o que nos axudará a obter algo e que a obsesión é quizais
un dano colateral daquel que non se ve capaz de alcanzar os seus
obxectivos e dá máis de si do que debería, ben, pois escoita o que
che din porque as persoas que te queren saben o que che convén.
Esta
é a historia de Estrela, a quen o mundo lle reparaba grandes
aventuras ata que…
Estrela
é bailarina na Academia de Ballet Bolshoi, en Rusia, berce do
ballet. Dende pequeniña soñara con vivir sobre os escenarios de
grandes e prestixiosos auditorios. Comezou en Lugo, unha pequena
cidade situada en Galicia, ascendeu nos seus cursos do conservatorio
coma quen sobe unha escaleira, realizou campamentos de verán na
Royal Ballet School e, cando cumpriu os dezaoito, continuou
dedicándose á danza. Un ano despois, fixo unha audición para
ingresar na Bolshoi e foi admitida. Despois de moito esforzo e
dedicación fixo unha xira por todo o mundo, Moscú, Varsovia,
Berlín, París, Londres, Nova York…
Estrela
non sabía que nesa xira estaba a comezar o que o futuro lle
reparaba.
Ocorreu
en Bangkok, última cidade da xira. Ía pola rúa e, de súpeto, unha
explosión sorprendeu a todos as persoas que había nun quilómetro á
redonda. Foron rescatados no menor tempo posible pero, horas antes,
serían as últimas nas que Estrela puidera bailar coas súas propias
pernas. Operárona de urxencia, a súa perna dereita sufriu a peor
parte e tiveron que implantarlle unha prótese.
Foi
o peor día que vivira na súa vida pero non sabía nada pois sería
o comezo de algo moi grande.
A
compañía non a quixo máis e tivo que buscar axuda profesional na
súa cidade natal para superar a súa traxedia. Ela cría que a súa
vida sen a danza non tiña sentido e pensou que Moscú lle axudaría
a refuxiarse no baile doutra xente. Unha vez alí, montou unha
academia de danza. Osanna era a súa mellor alumna, poñía paixón
no que facía e a súa técnica era marabillosa, recordáballe a ela
cando tiña a súa idade.
Osanna
quería ser bailarina e precisaba da axuda de Estrela, pasaban noites
e noites ensaiando e perfeccionando o seu baile, tiña moita enerxía
e contaxiaba o seu entusiasmo a todos os que se atopasen arredor.
Pouco a pouco, Osanna era a que axudaba a Estrela na súa
recuperación.
A
pesar de ter unha perna postiza o seu soño era a danza e iso non
cambiaría nunca. As dúas medraban xuntas, Osanna comezaba a bailar
en auditorios coas coreografías que Estrela preparaba.
As
cámaras de vixiancia gravaron unha noite a Estrela, na axencia de
seguridade non daban crédito ao que vían. Era unha muller cunha
perna de mentira realizando uns movementos perfectos, sen fallos,
absorbíate no seu baile como un neno cando bebe o seu zume e quere
aproveitalo ao máximo.
Os
vídeos difundíronse sen Estrela saber nada e semanas máis tarde,
unha compañía de danza queríaa na súa xira. Aceptou coa condición
de que Osanna fose a súa acompañante. Tras moito esforzo, ambas as
dúas conseguiron o seu soño por primeira e segunda vez.
As
entradas agotábanse moi pronto e as galas eran un éxito.
Se
Estrela e Osanna estiveran aquí diríanche: “Vas deixar que unha
pedra no camiño estropee o resto do traxecto?”
FIN
MARÍA
TRASHORRAS CENDÁN 4º A
Ningún comentario:
Publicar un comentario