15/01/13

La Verbena de la Paloma


La Verbena de la Paloma, zarzuela con texto de Ricardo de la Vega e música de Tomás Bretón, foi representada con grande éxito nos auditorios de Xove, Vilalba e Lugo. Trátase dunha iniciativa na que colaboraron a aula de canto do Centro de Música Fingoi, a Orquestra de Xove e a Escola de danza Teresa Neri. Este extraordinario traballo foi coordinado e dirixido artísticamente por Pilar Martínez (Pilocha), con coreografía de Teresa Neri, dirección escénica de María Barcala e dirección musical de Xan Carballal.

Disfrutamos do bo son da orquestra de Xove acompañando a representación e do coro de adultos de Fingoi, que dirixe Paloma Suances, interpretando as pezas corais da obra. Entre os personaxes, queremos destacar a Darío Sánchez, no papel de taberneiro, a Francisco Fernández e Ángel Lage nos papeis de mozo 1 e mozo 2, respectivamente; dos cales, o primeiro e o terceiro son profesores no noso instituto, e o segundo, alcalde da vila. Todas as actuacións foron excelentes, sen dúbida, pero aquí salientamos a Santiago Díaz de Freijo, Silvia Nadela, Manuela Guardado e Javier Rodríguez, membros do Orfeón Lucense e a  estupenda interpretación de Esperanza Iglesias (Susana), profesora neste centro; Pilocha (Seña Rita); Josefina Ledo (tia Antonia) e Marcos Manuel Fernández Mosquera (Julián), director adxunto do Orfeón Lucense; quen, ademais de deleitarnos coa súa  magnífica voz, mostrou unha faceta de excelente actor, para nós descoñecida.

Como dixo Pablo Coria no blog da Orquestra de Frautas de Galicia, lembraremos por moito tempo que estivemos alí
Bravo por eles!!!

3 comentarios:

El cajista de imprenta dixo...

Muchas Gracias por vuestro comentario, pero me atrevería a añadir a este post, el sensacional trabajo de Don Hilarion (Israel) nuestra rubia de oro como casta (Esther) y a nuestros vecinos Gerson y Begoña y como no al señor inspector Carly. Todos estuvimos allí !!!!

Anónimo dixo...

O taberneiro quere dicir: Grazas por irnos ver e por tan xenerosa crítica, e noraboa por poder ter disfrutado connosco, xa que non todos os que acudiron puideron entrar á representación, entre eles un bo feixe de xente de Rábade que non fan máis que pedirnos (e case esixirnos) unha nova sesión. Haberá que ver...
Por certo, postos a destacar, non podemos deixar de sinalar o excelente traballo doutro rabadense, Pablo (Garda 2 e, sobre todo, Rexedor, papel no que sofríu tanto ou máis cá propia directora de escea, María Barcala, unha auténtica crack).
Todos estivemos alí.
Biquiños

Anónimo dixo...

Xa que de destacar se trata quero, humildemente, indicar que os que non aparecemos citados por "salientables" tamén estivemos alí. Quizais o noso papel foi máis cativo ou igual non se nos quixo ver, pero alí estivemos e somos:
Pablo Carreira ( garda e rexedor) por certo, rabadense; Carlos González , de alcume Carli ( , Inspector), tamén de Rábade; Gerson Dolmos ( porteiro e sereno) ; Israel Barrera( D. Hilarión) ; Esther Pedrouzo ( Casta) ; e eu, Begoña Regueiro ( porteira, veciña e Dna. Mariquita.
Quixera agradecer a Marcos ( director adxunto do Orfeón Lucense e antigo compañeiro) o seu recoñecemento e comentario.
En nome de tod@s e no meu propio reafírmome: " Nós tamén estivemos alí"
Bego

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.