08/05/10

Bolboretas nas meixelas


O venres, 7 de maio, entre as 9:20 e as 10:10 h., os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato e os seus profesores asistiron na Aula de Audiovisuais á actividade "Bolboretas nas meixelas", un espectáculo de narración oral sobre contos, lendas e poemas universais con acompañamento de guitarra e violino. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

1 comentario:

Infantil-Asados dixo...

MOITAS GRAZAS POLOS VOSOS SAÚDOS E ALEGRÁMONOS QUE VOS GUSTARA O NOSO VIDEO DA AUGA!!

SAÚDOS CARIÑOSOS DENDE O COLE DE ASADOS!

UNHA APERTA!

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.