
Asimesmo valorouse "como a través da fotografía de prensa se dignifica as vítimas fotografadas, cunha ollada particular que enaltece los mellores valores do fotoxornalismo".
"Para min o xornalismo é compromiso", asegura Gervasio Sánchez, que cubriu os principais conflitos armados do mundo, como a guerra do Golfo, os da antiga Iugoslavia, África, Asia y América Latina. Desde 1995, realiza o seu proxecto fotográfico 'Vidas Minadas' sobre o impacto das minas antipersoa nas poboacións dos países máis minados do planeta: Afganistán, Angola e Cambodia, que callou en 1997 cun libro e unha exposición.
Na nosa Biblioteca fixemos unha recompilación dalgunhas das súas fotos máis impactantes; que sirva de homenaxe a un fotógrafo que engrandece o seu oficio, e de medio de concienciación e reflexión para todos.
1 comentario:
Xunto con Sebastian Salgado... o millor da fotografía documental actual. Un home comprometido. E un artista.
Publicar un comentario