
A nosa literatura xuvenil volveu ser recoñecida: o certame White Raven, unha das convocatorias máis importantes no mundo para a literatura infantil e xuvenil, seleccionou tres libros galegos de 2008 entre os máis destacados no seu xénero.Os White Raven son a prestixiosa lista que a Biblioteca Xuvenil Internacional de Munich, centro de referencia na valoración dos libros infantís e xuvenís, realiza anualmente entre os libros que destacan pola súa calidade no conxunto mundial.
Nesta ocasión, as obras escollidas foron A cabeza de Medusa, de Marilar Alexandre; O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz; e finalmente Fume, de Antón Fortes.
A lista elaborouse con 250 títulos editados en 32 linguas de 48 países.
Resulta chamativo que dos sete libros seleccionados entre os publicados na Península, Galicia aporte estes tres, número superior aos dous que aporta Portugal e aos outros dous que aportan as outras literaturas de España, proba do nivel alcanzado na literatura xuvenil galega actual.
Algunha das obras está xa na nosa Biblioteca; as outras chegarán pronto.
















.jpg)










Esta imaxe é dunha das rexións máis belas da Vía Láctea, tamén chamada Camiño de Santiago, desde latitudes septentrionais.









