
Sabías que a poesía de Rosalía de Castro acaba de ser traducida ao xaponés?
O profesor Takekazu Asaka publica os poemas de Cantares galegos despois de ter traducido ao xaponés autores galegos ou que escribiran na nosa lingua, como os poemas galegos de García Lorca, e textos de Castelao, Pondal, Pardo Bazán e Wenceslao F. Flórez. De Rosalía xa traducira anteriormente En las orillas del Sar.
Asaka, nacido en Tokio, imparte docencia de Filoloxía Románica na Universidade Tsudajuku e está considerado embaixador do galego no seu país. A edición inclúe un CD cunha selección de poemas da autora de Padrón interpretados pola pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Hago: "Cando vos oio tocar", "O meu corasón", "As de cantar" e "Un home San Antonio".
Non o sabías? Pois xa o sabes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario