O Día da Terra celébrase cada 22 de abril desde 1970, pero a historia desta conmemoración iníciase cando nos anos 60 o senador americano Gaylord Nelson , que presionaba para que o asunto medioambiental formase parte da axenda John F. Kennedy, aproveitando as protestas contra a guerra de Vietnam, convoca unha gran manifestación para que o país expresase a preocupación polo medio ambiente a nivel nacional.Así, no equinoccio de primavera de 1970, celebrouse por primeira vez o Día da Terra,e millóns de persoas responderon á convocatoria establecendo nas súas comunidades, universidades e colexios plataformas de difusión e discusión sobre o medio ambiente e os seus problemas.
Aquela presión social deu froitos: ese mesmo ano, Nixon crea a Axencia de Protección Medio Ambiental (EPA), coa misión de protexer o medio ambiente e a saúde pública; o Congreso americano promulga a Acta do Aire Limpo (Clean Air Act) establecendo estándares seguros sobre calidade do aire, emisións e polución contaminante; e igualmente o senador Nelson funda a Rede do Día da Terra (EDN) para promover a celebración do día da Terra como instancia de reflexión e acción en favor do medio ambiente, favorecendo o compromiso cívico dos escolares, educar os ciudadáns como consumidores responsables e mobilizar os medios de comunicación, escolas e gobernos locais en accións de protección medioambiental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario