30/04/24
29/04/24
26/04/24
25/04/24
24/04/24
Charla de Lois Pérez
Onte visitounos o escritor Lois Pérez para expoñer o seu punto de vista sobre a literatura e responder as cuestións do alumnado de 3º de ESO, que este curso tivo A gruta da torre como lectura obrigatoria. A charla foi na Aula de Novos Medios e estivo organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e o ENDL do Centro.
23/04/24
Día do Libro: Exposición
Día do Libro
O 23 de abril é a data máis significativa para o universo da literatura e a industria dos libros. Aínda que en España e noutros países xa se celebraba nesta data o Día do Libro, foi en 1995 cando a Conferencia Xeral da UNESCO estableceu esta xornada como o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
Esta data simbólica da literatura universal coincide coa data da morte en 1616 dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, e pretende homenaxear os libros e os autores e autoras, así como fomentar o acceso á lectura ao maior número de persoas.
Ademais, neste día a UNESCO e as organizacións internacionais que representan os tres principais sectores da industria do libro −editores, libreiros e bibliotecas− seleccionan unna cidade como Capital Mundial do Libro para mantener el impulso das celebracións deste día deica o 23 de abril do año seguinte. Este 2024 a cidade elixida foi Estrasburgo.
22/04/24
Bases e certames
Chégannos noticias de concursos variados, que aquí deixamos por se son do voso interese:
19/04/24
18/04/24
Que tal hoxe un poema de Mario Obrero?
17/04/24
Sabías que...?
As xoaniñas son escaravellos beneficiosos, considerados gardiáns de hortas e xardíns por seren carnívoros e grandes devoradores da maioría de insectos de corpo brando, normalmente daniños para los cultivos.
16/04/24
15/04/24
12/04/24
Excursión de 1ºESO a Burgos e Atapuerca
Os días 11 e 12 de abril de 2024 o alumnado de 1º de ESO participou nunha viaxe cultural á cidade de Burgos e ó xacemento arquelóxico de Atapuerca. A actividade estivo organizada polo departamento de Xeografía e Historia, e o alumnado foi acompañado por Miguel Carricoba, Olga Matalobos e Luz Penedo.
11/04/24
10/04/24
O Punto Laranxa
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha
caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar
ou denunciar, de maneira totalmente anónima,
posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran eles ou elas mesmos ou que
perciban que lles sucede a outras persoas.
1.- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segura/o.
2.- Localiza o Punto Laranxa no noso centro.
3.- Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).
09/04/24
08/04/24
Contra as velutinas
05/04/24
04/04/24
03/04/24
Gaélico
02/04/24
01/04/24
Día dedicado a Asorey
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.