Cada 11 de febreiro, mañá conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebración declarada pola ONU para mellorar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas, com vistas a lograr entre todos e todas a igualdade de xénero nun ámbito no que habitualmente foron silenciadas ou directamente invisibilizadas, sendo moitas veces atribuidos os seus traballos e descubrimentos aos seus compañeiros varóns.
Marie Curie, dúas veces premiada co Nobel, non é a única muller destacable no ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Neste enlace da Wikipedia podes atopar unha listaxe de científicas de todas as nacionalidades que contribuíron significativamente ao desenvolvemento das ciencias desde a antigüidade. Se o que buscas son científicas galegas, entra nestoutro enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario