21/12/22

Finalistas

Autoestimacandorcacomadreecocidioinflación e resiliencia son as voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2022. 

Agora chega a fase decisiva, na que podedes elixir dende hoxe e ata as 23:59 horas do vindeiro 25 de decembro. Vós tendes a última palabra!

VOTADE AQUÍ E COMPARTIDE!

A Palabra do Ano elixida por vosoutras e vosoutros darase a coñecer nos últimos días do 2022 a través do Portal das Palabras, páxina web dende a cal a Real Academia Galega ofrece xogosvídeos e outros contidos de divulgación do léxico galego, propón cada mañá a Palabra do día e abre tamén unha fiestra ao Dicionario dixital da Academia que se suma á de academia.gal.

Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas tanxugueiras (2021) nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.