Por xentileza de Editorial Galaxia, e nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca do noso Instituto, estivemos o en Lugo o martes, 24 de abril, para asistir no IES Lucus Augusti á representación de Anagnórise, de María Victoria Moreno, a cargo da compañía Limiar Teatro.
Os alumnos e as alumnas de 3º de ESO do Instituto de Rábade, acompañados polos profesores do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Marta López e Luís Pereira, presencia as evolucións dos dous actores polo escenario xunto ao alumnado doutros centros, nunha adaptación teatral bastante libre e sorprendente da obra de Moreno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario