28/10/21
27/10/21
26/10/21
24/10/21
Feliz Día, felices libros
Para celebrar o Día das Bibliotecas asomámonos a cinco bibliotecas fermosas e moi diferentes:
![]() |
Biblioteca da Real Academia Nacional de Medicina (Madrid) |
![]() |
Biblioteca Nacional da República Checa en Praga |
![]() |
Biblioteca Pública de Vennesla (Noruega) |
![]() |
Biblioteca do Mosteiro de Admont (Austria) |
23/10/21
21/10/21
20/10/21
19/10/21
Desde a Biblioteca do IES Monte das Moas
18/10/21
14/10/21
13/10/21
A erupción de La Palma
09/10/21
Abdulrazak Gurnah, Nobel de Literatura 2021
07/10/21
06/10/21
Máis concursos
Desde a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos chégannos as bases da 18ª edición do Concurso de Poesía ANOMAR.
Poderán participar nesta convocatoria:
- rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos (1ª categoría).
- mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos (2ª categoría), e
- a partir de 18 anos (3ª categoría).
Os poemas pódense achegar en man, por correo ordinario ou empregando o correo electrónico (ver as bases aquí).
O prazo para participar remata o 10 de novembro de 2021.
05/10/21
01/10/21
30/09/21
29/09/21
28/09/21
26/09/21
24/09/21
Florencio Delgado Gurriarán
Como sabedes, en 2022 o Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, que será, como é habitual, centro de numerosas actividades e homenaxes.
Para coñecerdes máis sobre a figura deste autor, podedes consultar As letras de Florencio Delgado Gurriarán, un sitio web cheo de información, enlaces a outras páxinas e material gráfico sobre a vida e a produción literaria deste autor pouco coñecido alén das terras de Valdeorras.
22/09/21
Voltamos!
Novo curso, mudanza de estación (o outono comeza xustamente hoxe ás 21.21 horas) e, aínda que con moita cautela, grandes esperanzas en que a situación sanitaria se normalice. Estamos xa de volta: en moi poucos días abrimos a Biblioteca para préstamos, faremos as actividades de iniciación e formación de usuarios (dirixidas principalmente ao alumnado de 1º de ESO), e poñeremos en marcha, como cada ano, a Hora de Ler.
Desde o Equipo da Biblioteca queremos darvos a benvida e desexarvos un curso feliz e lector.
22/06/21
Feliz verán (con moitos libros)
Termina este curso tan estraño e non queremos marchar sen despedirnos de todos vós, un ano máis.
Que sexades moi felices e que teñades perto moitos e bos libros, os que máis vos gusten.
Verémonos en Setembro
21/06/21
Actividade en Latín (4ºESO)
A profesora de Clásicas, Mar Álvarez e o alumnado de Latín de 4º ESO mostrando os marcapáxinas que confeccionaron e o mosaico aínda sen rematar.
17/06/21
15/06/21
09/06/21
Concurso "Maquetas de Catedrais Góticas": Alumnado gañador de 2ºESO-C
Os gañadores do Concurso en 2ºESO-C: Daniela Prado (1º premio), Anxo Veiga (2º premio) e Daniel Carral (3º premio), e, por último, foto con outros participantes dese grupo e os respectivos traballos.
08/06/21
Concurso "Maquetas de Catedrais góticas": 2ºESO B
Yoel López, que obtivo o 1º premio en 2º ESO-B, e Manuel Rodríguez, 2º premio; abaixo, con outras persoas participantes no concurso.
07/06/21
Concurso "Maquetas de Catedrais góticas". Alumnado premiado en 2ºESO-A
Uxía Parga (1º premio), Antía Otero (2º premio) e Adrián García (3º premio) de 2º ESO-A, mostran o diploma e as maquetas realizadas. Abaixo, con outras persoas participantes.
01/06/21
Xela Arias en Scratch
17/05/21
16/05/21
15/05/21
Bases do XXXV Certame de Poesía María Soliño (Cangas)
1-Haberá dúas categorías: A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo de E.S.O. B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.
2-Concederanse tres premios na categoría A -Primeiro premio-150 euros. -Segundo premio- 75 euros. -Terceiro premio- 50 euros.
3- Concederanse dous premios na categoría B -Primeiro premio-200 euros. -Segundo premio- 125 euros.
4-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.
5-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.
6-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.
7-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 14 / 36940 CANGAS) nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro.
8-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se reserva todos os dereitos.
9-O prazo de entrega rematará o día 11 de Xuño.
10-A composición do xurado e o seu fallo faranse públicos no acto da entrega de premios, que terá lugar o 21 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir as persoas premiadas. Cangas, 11 de maio de 2021.
14/05/21
Marta e a serpe xigante, de Paula Gay Nuñez (1ºESO C)
Co relato seguinte, gañador do 2º premio do 2º Nivel (1º e 2º ESO) do Concurso de Relato Curto convocado polo IES Río Miño con motivo das Letras Galegas 2021, concluímos a publicación dos relatos premiados.
Parabéns a eles e elas.
Había unha vez hai moitos anos unha serpe á que todos tiñan medo, seguramente polo seu gran tamaño, pero tamén polo seu poder.
Esta serpe vivía moi preto dunha fervenza. non era tampouco unha fervenza calquera, era a fervenza máis grande de todos os arredores.
Só unha persoa que vira a fervenza e tamén a serpe vivira para contalo. Esa persoa: Marta.
Marta era unha rapaza loura, de ollos azuis e de estatura media. Ela aseguraba ter visto a serpe e a fervenza. Conta que, sen as súas luvas, que herdou de súa nai e que xa levan moitas xeracións sendo herdadas, non o conseguiría. Afirma que as luvas comezaron a pelexar soas, que ela non tivera que facer nada. Ese día chegar á casa chea de lama. Algún cren o que ela di, outros non. Aínda así, ninguén se atreve a ir á fervenza por temor a encontrarse coa serpe. Pero a serpe non estaba a gusto, non quería que seguisen dicindo que unha rapaza lle gañara. Así que decidiu atacar o pequeno pobo no que Marta vivía.
A todos os colleu por sorpresa. Marta tiña un fillo de poucos meses, e a súa prioridade era protexelo. Deixouno na súa habitación e entregoulle un axóuxere, e, con moito agarimo, deulle un bico e foise a pelexar. Luvas en man, pelexou e pelexou, pero esta vez a serpe gañou a batalla. O pobo quedou completamente desfeito. Só unha persoa sobrevivíu: o fillo de Marta, Xoán. O axóuxere que Marta lle entregara protexeuno da serpe e enviouno ao fogar dunha familia que ao día seguinte o encontraría na porta da súa casa, aínda co axóuxere na man. Tiña tamén unha nota na que Marta explicaba todo o sucedido, e pedía que coidasen do seu fillo e non lle contasen nada do que sucedeu.
Xoán creceu, levou unha vida normal, nunca soubo nada.
![]() |
Paula Gay recolle o diploma |
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.