A Real Academia Galega decidiu hoxe dedicar o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro (Láncara, 1915–Santiago, 1990) pola “dedicación total e desinteresada da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura, que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións”.Os seus traballos sobre pensamento e as súas traducións de filósofos como Heidegger “supuxeron no seu momento un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua 'rural e poética' na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra”. Entre os seus ensaios citaremos Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas, e Lembrando a Castelao.
Foi director literario de Galaxia e participou na fundación da colección Grial; membro da R.A.G. e primeiro preidente do Consello da Cultura Galega, até a súa morte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario