Abril é un mes de contrastes: chove, sae o sol, arrefría, logo quenta… e mentres o tempo cambia de humor, a tradición popular lévanos acompañando séculos cun feixe de refráns que recollen a experiencia da terra e da xente que a traballa. En galego, coma noutras linguas, abril está cheo de ditos que falan do tempo, das colleitas, das esperanzas e dos medos.
Neste artigo de As chaves da lingua recóllense algúns dos refráns máis coñecidos sobre abril en galego.
Refráns sobre a predición do tempo
- A auga de abril enche o carro e o carril.
- Abril, augas mil, escoadas por un mandil.
- Abril e maio son a chave de todo o ano.
- Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
- Cando abril recacha, aínda a vella queima a racha.
- Cando abril recacha, queima a vella a maza.
- En abril cear sen candil.
- En abril, chuvias ir e chuvias vir.
- Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan o maio florido e fermoso.
Refráns sobre a agricultura
- Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
- Abril que non chove deixa ao labrego pobre.
- Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado.
- Auga de abril e xiada de maio, herba para todo o ano.
- Cando chove por San Xorxe, de cen cereixas quedan catorce.
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
Refráns sobre animais
- A ovella en Pascua florida está lustrosa e parida.
- Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado.
- Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil.
- Cóbregas en marzo, neves en abril.
- En abril ronca o porco no cubil.
- En abril sae o cuco do cubil.
- Entre marzo e abril, se non ven o cuco quere vir o fin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario