Palabras agudas
As palabras agudas, tamén chamadas oxítonas nalgúns manuais, acentúanse cando teñen dúas ou máis sílabas e rematan en vogal, -n, -s ou –ns.
Exemplos: café, avó, calcetín, mazás, pantalóns…

Ollo! As palabras agudas non se acentúan cando acaban de ditongo decrecente seguido ou non de –n ou –s.
Exemplo: ademais, bailou, viviu, caracois…
Tampouco se acentúan as palabras monosílabas, a non ser que leven acento diacrítico.
Palabras graves
As palabras graves, tamén chamadas paroxítonas, acentúanse cando rematan nunha consoante distinta a –n, -s, –ns ou en ditongo decrecente.
Exemplos: difícil, túnel, carácter…

Ollo! En galego, os adverbios rematados en –mente non se acentúan, xa que se consideran palabras graves rematadas en vogal. Exemplo: facilmente, practicamente, axilmente…
Palabras esdrúxulas
As palabras esdrúxulas, tamén chamadas proparoxítonas, acentúanse todas.
Exemplos: árbore, teléfono, lámpada, collíchelo, tróuxoo…

Por influencia do castelán, ás veces, pensamos que certas palabras non son esdrúxulas cando realmente si o son como, por exemplo, aeróstato, alvéolo, bronquíolo, cardíaco, dínamo…
Neste artigo poderás descubrir palabras esdrúxulas en galego que non sabías que o eran.
Podes entrar na páxina de As chaves da lingua neste enlace
Ningún comentario:
Publicar un comentario