29/11/24
28/11/24
Adeus, de Julio Álvarez Vilella
Hoxe, a publicación do microrrelato Adeus, de Julio Álvarez Vilella, de 1ºESO A, gañador do 2º premio do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero.
Dígolles adeus ás túas ameazas, dígolles adeus ás túas labazadas, dígolles adeus ás túas malas palabras, dígolle ola a poder saír á rúa soa.
27/11/24
A forza de romper o silencio
A alumna de 1º ESO B Mariam Serbout Barrass conseguiu o 1º premio do concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero convocado polo EDL e a Biblioteca do IES Rio Miño de Rábade. Aquí está o seu microrrelato.
Laura, de 21 anos, coñecera a Mario na universidade. Ao principio foi cariñoso e atento, pero logo mostrou o seu lado controlador. Primeiro foron comentarios sobre a súa roupa e amizades, logo insultos e, finalmente, golpes.
Sentíase atrapada entre o medo e as promesas de cambio. Unha noite, despois dunha agresión máis, decidiu falar coa súa mellor amiga. Con ela buscou apoio e denunciouno. A recuperación non foi fácil, pero Laura comprendeu que a violencia nunca é amor, e que merecía unha vida libre.
Pouco a pouco, comezou a reconstruir o seu futuro con esperanza e forza.
26/11/24
Gañadores
ALUMNADO GAÑADOR NO CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE
A SENSIBILIZACIÓN FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"
Nivel 1:
Primeiro premio: Mariam Serbout Barrass (1.º ESO-B), por A forza de romper o silencio (vale de 20 euros en material escolar + diploma)
Segundo premio: Julio Álvarez Vilella (1.º ESO-A), por Adeus (vale de 15 euros en material escolar + diploma)
Nos próximos días iremos publicando aquí os microrrelatos gañadores. Parabéns ao alumnado premiado.
25/11/24
22/11/24
19/11/24
15/11/24
14/11/24
13/11/24
11/11/24
Concurso de Microrrelatos
O Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega do IES Río Miño convocan un Concurso de microrrelatos dirixido aos alumnos e alumnas do Centro.
As bases que rexen este certame son:
1. Poderá participar todo o alumnado do Centro. Cada participante poderá presentar un único microrrelato.
2. Os microrrelatos presentados deberán estar escritos en lingua galega e á man.
3. Temática: Sensibilización fronte á violencia de xénero.
4. Extensión máxima de 100 palabras.
5. Os microrrelatos entregaranse ao titor ou titora, ou ao profesor/a de Lingua Galega correspondente.
6. O prazo de admisión finaliza o mércores 20 de novembro de 2024.
7. O xurado estará composto por membros do Equipo da Biblioteca e o de DLG, e o seu fallo será inapelable.
8. Concederanse dous premios por nivel, isto é:
Nivel 1 para o alumnado de 1.º e 2.º de ESO
Nivel 2 para o alumnado de 3.º e 4.º de ESO
Nivel 3 para o alumnado de 1.º e 2.º de Bac
Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20 € para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e vale de 15 € para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.
9. A decisión do xurado darase a coñecer na Biblioteca do Centro o luns 25 de novembro no segundo lecer e será publicada no blog da Biblioteca xunto cos relatos.
10. A participación no presente certame supón a aceptación destas bases.
Rábade, a 11 de novembro de 2024
08/11/24
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia
07/11/24
06/11/24
05/11/24
Le libros. Vive vidas!
O alumnado de Dixitalización de 4º ESO e o de TIC de 2º de Bacharelato realizaron este vídeo de animación á lectura, do que é protagonista a nosa Biblioteca, precisamente no seu día.
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.