24/04/23

De Gabriel Celaya: La poesía es un arma cargada de futuro


Fragmento de  "La poesía es un arma cargada de futuro", de Gabriel Celaya, poeta falecido en Madrid tal día coma hoxe de 1991. 
Este poema, modelo de compromiso social, foi versionado por Paco Ibáñez.
 

20/04/23

Lemos isto en Orgullo Galego...

Isto non é opinión nosa, é un estudo do Ministerio de Cultura de Francia.
Entre máis de 6000 idiomas do mundo, o galego figura no posto 37 neste estudo, e está entre os 634 idiomas que contan con máis de 300.000 falantes
Segundo este estudo do goberno francés, acada boa puntuación en obras traducidas ao galego, uso medrando en internet...a pior puntuación di o estudo francés que  é no uso do galego na escola, capacidade para sumar novos falantes, presenza do ensino universitario, etc
Moito por avanzar mais non todo é tan malo!



 

17/04/23

Sala oval da Biblioteca Nacional de París

Esta sala da Biblioteca Nacional de París é de libre acceso actualmente, pero de 1916 a 1998 era só unha sala para a lectura de xornais. Agora ten 24.000 libros para consulta. Foi deseñada en 1897 por Jean-Louis Pascal e rematada por Alfred Recoura; recentemente foi renovada polos arquitectos do  Atelier Gaudin

13/04/23

 Estes días pasados cumpríronse 47 anos da morte de Otero Pedrayo, o enorme intelectual ourensán. Del di a Galipedia:

"Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas".

12/04/23

Charla de Beatriz G. Turnes

Visitou onte o noso Centro, invitada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua, a escritora Beatriz García Turnes, autora de Esta noite hei de ir a verte, obra de lectura este curso en 3º da ESO, para cuxo alumnado falou. Ao final do acto, Beatriz García Turnes respondeu as preguntas que se lle fixeron sobre a obra e asinou algúns exemplares.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.