28/02/22
24/02/22
23/02/22
Audiolibros da obra galega de Rosalía
Na web podes encontrar diferentes formas de achegamento á obra de Rosalía de Castro, ben a través de audiolibros e pílulas audiovisuais, ou mesmo mediante unha unidade didáctica e un concurso. Todas as propostas teñen en común que “a voz de cada persoa atope na de Rosalía un camiño de descubrimento”, indica o equipo responsábel da posta en marcha deste proxecto, o equipo de Rebordelos.
Un poema de Rosalía no seu Día
Cantarte hei, Galicia,teus doces cantares,que así mo pedironna beira do mare.Cantarte hei, Galicia,na lingua galega,consolo dos males,alivio das penas.Mimosa, suave,sentida, queixosa;encanta se ríe,conmove se chora.
22/02/22
21/02/22
18/02/22
Arquitectura e léxico
17/02/22
16/02/22
Ramón Villares: Polos Vieiros de Florencio Delgado Gurriarán
15/02/22
10/02/22
¡Yo cocino hoy!
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) ofrece na súa páxina web un xogo divertido e que pode ser moi útil para aprendermos a comer, cociñar, facer exercicio, e mesmo coidar a nosa saúde e a dos nosos dentes.
Podes acceder a el entrando neste enlace.
09/02/22
08/02/22
Máis bases...
A Real Academia Galega e PuntoGal convidan a toda a comunidade educativa a participar no V Concurso de Microrrelatos que convocan co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As dúas entidades repartirán tres premios en cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en diante).
O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web relatos.gal, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado.
![]() | Real Academia Galega (RAG) |
Bases para concursos
CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron muitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a sua obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a convocatoria para 2022 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”
BASES DO CONCURSO
Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 30 de Abril do 2022 ás doce da noite.
A apresentación de orixinais para o Concurso fará-se por correio postal dirixido à Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal. Podendo facer individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser apresentado individualmente.
As obras haberen de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus direitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xúri.
Para alén da orixinalidade literaria, o xúri valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras. As obras presentadas debe estar escrita en lingua galega en calquera das catro normas ortográficas (Rag, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona)
Estabelecen-se dúas categorías:
Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Os importes dos premios serán os que seguen:
Categoría A :
1º: 450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
Categoría B:
1º: 450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
Cada autor só poderá apresentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:
Categoría A: Un máximo de cinco fólios
Categoría B: Un máximo de dez fólios
As obras haberán de se apresentar por triplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Enderezo e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.
11. Os premios serán escollidos por un xúri designado pola Asociación Cultural O Facho en fallo que se fará público no mes de Maio.
12. O xúri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na sua interpretación.
13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.
Correio electrónico: o_facho_a_
03/02/22
02/02/22
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.