23/05/09

Galaxias, nebulosas e outras cousas belas


Esta galaxia chámase do Muíño por razóns obvias e está moi perto de nós, tan só a 27 millóns de anos luz, o que nos permite vela con detalle. É tan grande que a súa gravidade pode distorsionar as pequenas galaxias veciñas.


Tamén é obvio por que esta galaxia da constelación Coma Berenices, a NGC 4565, é coñecida como Galaxia da Agulla. Está a uns 30 millóns de anos luz de distancia, e mide outros 100.000 anos luz de diámetro. No seu núcleo predomina a luz amarelenta das vellas estrelas.



Unha imaxe do cúmulo globular Omega Centauri, o máis brillante e grande da Vía Láctea.


Eis a nebulosa Sharpless 2-188: a súa estrela central está a 850 anos luz de nós e móvese a 125 kilómetros por segundo; o arco brillante e os filamentos indican a dirección do movemento da estrela, menos brillante canto máis distantes dela, e son consecuencia da rápida viaxe da estrela central a través do espazo. Estas estruturas favorecen a mestura de material interestelar e a formación de estrelas.

2 comentarios:

Suso dixo...

Se alguén sinte curiosidade por estes temas, pode consultar: http://universo.iaa.es/php/70-la-nave.htm
É a páxina do podcast de astronomía A Través del Universo, un programa do IAA (Instituto de Astrofísica de Andalucía) no que poderedes aprender un montón sobre astronomía e astrofísica explicadas de modo sinxelo e ameno, o que non quita que teña un nivel alto.
Son en total catro temporadas, os fans aínda suspiramos pola quinta, pero está o tema moi complicado.
Un saúdo.
Suso.

Jelqing dixo...

Me parecen imagenes excelentes y una informacion interesante gracias por mostrarlo.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.