23/02/22

Audiolibros da obra galega de Rosalía

Estiquecantas.gal é un proxecto para espallar nas redes o legado de Rosalía de Castro.

Na web podes encontrar diferentes formas de achegamento á obra de Rosalía de Castro, ben a través de audiolibros e pílulas audiovisuais, ou mesmo mediante unha unidade didáctica e un concurso. Todas as propostas teñen en común que “a voz de cada persoa atope na de Rosalía un camiño de descubrimento”, indica o equipo responsábel da posta en marcha deste proxecto, o equipo de Rebordelos.


Un poema de Rosalía no seu Día

Cantarte hei, Galicia,
teus doces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
na lingua galega,
consolo dos males,
alivio das penas.
Mimosa, suave,
sentida, queixosa;
encanta se ríe,
conmove se chora.

18/02/22

Arquitectura e léxico

Ás veces non consiste en traducir simplemente do castelán (ou doutro idioma) para conseguir un léxico rigoroso e correcto. O Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo elaborou o seguinte esquema para nos axudar cos términos construtivos.


16/02/22

Ramón Villares: Polos Vieiros de Florencio Delgado Gurriarán

O académico Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, fala do exilio galego en México e do papel vertebrador que xogou nel Florencio Delgado Gurriarán, a figura á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras deste ano.

08/02/22

Máis bases...

 Real Academia Galega e PuntoGal convidan a toda a comunidade educativa a participar no V Concurso de Microrrelatos que convocan co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As dúas entidades repartirán tres premios en cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en diante).

O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web relatos.gal, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado.


Real Academia Galega (RAG)
Rúa Tabernas, 11
Apartado de Correo 557
15001 - A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Fax: 981 21 64 67
secretaria@academia.gal
academia.gal

Bases para concursos

 CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron muitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a sua obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a convocatoria para 2022 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”

BASES DO CONCURSO

  1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.

  2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 30 de Abril do 2022 ás doce da noite.

  3. A apresentación de orixinais para o Concurso fará-se por correio postal dirixido à Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal. Podendo facer individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.

  4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser apresentado individualmente.

  5. As obras haberen de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus direitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xúri.

  6. Para alén da orixinalidade literaria, o xúri valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras. As obras presentadas debe estar escrita en lingua galega en calquera das catro normas ortográficas (Rag, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona)

  7. Estabelecen-se dúas categorías:

                    Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.


                    Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos.
  1. Os importes dos premios serán os que seguen:

                    Categoría A :

                    1º: 450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

                    2º: 250.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

                    Categoría B:

                    1º: 450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

                    2º: 250,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

  1. Cada autor só poderá apresentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:

                    Categoría A: Un máximo de cinco fólios

                    Categoría B: Un máximo de dez fólios

  1. As obras haberán de se apresentar por triplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:

Nome e apelidos do autor/a.

Enderezo e telefone. Correio electrónico.

Centro onde cursa os seus estudos.

Categoría na que participa.


    11. Os premios serán escollidos por un xúri designado pola Asociación Cultural O Facho en fallo que se fará público no mes de Maio.

    12. O xúri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na sua interpretación.

    13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

Correio electrónico: o_facho_a_cultural@sapo.pt

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.