A terceira pregunta que se lles fixo foi o libro que recomendarían ou regalarían a alguén. Entre eles destacan os libros de ficción e aventuras: Un mundo sin fin(Ken Follet), Memorias de Idhúm(Laura Gallego), La catedral del mar (Idelfonso Falcones), e El club de las malas madres (Lucía Etxeberría).A esmorga de Blanco Amor é un daqueles en que coinciden varios enquisados; outros, sobre todo novelas, Cumbres borrascosas, El guardián entre el centeno, El Quijote, La colmena ou Heart of Darkness.
A algúns profesores tamén lles gustan os libros de historia: Sinuhé el Egipcio; outros regalarían algúns de poesía, intimidade e amor, entre eles La sombra del viento, las poesías completas, de Antonio Machado, Cuentos para pensar (de Bucay), o Livro do Desassossego, de Pessoa, e Seda de Alessandro Baricco.
Hai diarios entre os recomendados, como o de Darwin, e dentro dos máis recomendados pola xente nova están as novelas negras e con asasinatos: Crime e castigo, de Dostoievski, Gomorra (Saviano), Los hombres que no amaban a las mujeres e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, de Larsson, que trata dunha escura historia de prostitutas provenientes dos países do leste.
Outros profesores tamén nos recomendaron as novelas de Isabel Allende, e don Manuel (o de Relixión): Comprender y amar la naturaleza, de Víctor Fernández Obradors.
Ningún comentario:
Publicar un comentario