No 101º aniversario da celebración do Día Internacional da Muller os organismos internacionais teñen como propósito "Habilitar á muller campesina. Acabar coa fame e a pobreza". As cifras e feitos que ofrece a ONU constatan que nos países onde a fame rexistra maiores cotas, tamén é máis grande a desigualdade entre os xéneros.
O 60% das persoas que padecen fame crónica e desnutrición son mulleres e nenas. O Parlamento Europeo centra a súa atención este ano nas diferenzas de salario entre homes e mulleres a traballos iguais.
A situación mellora... lentamente. A diario podemos seguir observando na nosa poboación, maioritariamente rural, grandes desigualdades en contra da muller en canto a traballo e responsabilidades no fogar.