22/03/11

Un trobador moderno

O día 10 de Marzo, e traído pola Nosa Biblioteca en colaboración cos Departamentos de Música e Lingua Española, visitounos Crispín d'Olot, un trobador xogral do noso tempo, que soubo entreter e facer as delicias de alumnos e profesores co seu repertorio de cantares e romances tradicionais casteláns, poemas musicados do Arcipreste, Quevedo e Góngora, algúns trucos, varios xogos e moita, moita simpatía.
Eis algunhas fotos da súa actuación no noso Centro.

16/03/11

Movida no IES Fontem Albei

O IES Fontem Albei de A Fonsagrada convídanos a entrar na súa biblioteca desta maneira tan creativa. Dinamismo e entusiasmo non lles falta. Boa envexa nos da o ben que o deberon pasar. Noraboa a Rubén e a todos os que fixeron posible esta montaxe. Grazas pola xenerosidade de compartila.

08/03/11

Escritoras Premio Nobel




Enlazamos unha interesante páxina enviada por José Mª Lores, do IES San Paio. Mostra nunha liña do tempo as literatas galardoadas co Premio Nobel. Iníciase este percorrido coa escritora sueca Selma Lagerlöf no 1909, autora de "A marabillosa viaxe de Nils Holgersson", entre outras obras. Para saber máis sobre este asunto, pincha aquí.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.