22/12/14

Guía de Nadal 2014

Aquí tedes algunhas suxestións de lectura para este tempo de frío e de lecer.
Picade na imaxe para acceder.
Que as disfrutedes!!!

3/12/14

Participamos en "O son da nosa fala"

A emisora Radio Lugo, da Cadena Ser, está levando a cabo ao longo deste ano unha iniciativa en colaboración coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos, que consiste na lectura da obra do poeta chairego e a súa divulgación mediante o programa radiofónico O son da nosa fala.
Inserimos a continuación os audios correspondentes á participación do noso centro en dito programa.


25/11/14

25 de novembro

En 1999 a ONU declarou o día 25 de novembro como Día Internacional contra a violencia cara a muller. Foi elixido este día polo asasinato no ano 1960 das irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal a mans da policía salvadoreña.

Con motivo desta conmemoración queremos enlazar aquí un vídeo feito por rapaces que sirva de reflexión. Desexamos que, á maior brevidade posible,esta data deixe de estar sinalada no calendario.

24/11/14

A orde das cousas


Unha curtametraxe dos irmáns Esteban Alenda. Protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez, Biel Durán, Junio Valverde, Jose Luis Torrijo, Ana Gracia, Roger Álvarez e Manuela Paso.
Nominado ao Premio Goya 2011 á Mellor Curtametraxe de Ficción.

20/10/14

Recursos




Esta é unha compilación de páxinas web por materias na que podedes buscar información cando o precisedes. Para entrar, picade na imaxe e despois no enlace que vos conveña.
Agradecemos aos compañeiros da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno e do IES Pedra da Águia a xenerosidade de compartir cos membros do PLAMBE este excelente traballo.
Esperamos que poida servos útil.

Benvidos ao curso 2014-2015



Comezamos o curso 2014-2015. É preciso facer provisión de forzas para lograr bos resultados e poder escribir unha páxina positiva na formación persoal de cada un. 
Que nos sexa propicio!!
 Moito ánimo!!!

10/7/14

Lectura e cine para o verán


    Ante a chegada das vacacións estivais, suxerimos lecturas e películas para acompañar este tempo. 
   Se son do voso interese, entrade AQUÍ e disfrutade!!!.

 ...Boas vacacións!!!

28/5/14

Charlas e obradoiros






                                      Conferencia de Santiago Jaureguízar

O día 13 de decembro do 2013, os alumnos de 4º ESO (A, B e PDC) tiveron a oportunidade de asistir a unha conferencia pronunciada polo escritor Santiago Jaureguízar, autor de A cova das vacas mortas, obra lida previamente por eles. Chamoulles especialmente a atención o tipo de vida que se leva nunha comuna, neste caso, na de Negueira de Muñiz.




Conferencia de Darío X. Cabana


Dirixida aos alumnos de 1 e 2º de Bac que leron Galván en Saor (os de 2º o curso anterior) para que tivesen ocasión de coñeceren directamente o escritor e lles falase da súa faceta literaria. Sorprendeunos a súa despedida: que era máis importante como tradutor que como escritor, que a literatura galega sería igual sen el.
Tivo lugar o día 17 de febreiro de 2014.






                                             Obradoiro “Xosé María Díaz Castro”
Aproveitando o envío (por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística), de carteis sobre a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, todo o alumnado do Centro levou a cabo diversas actividades, segundo o seu nivel. O desenvolvemento destas estivo dirixido por todo o profesorado de Lingua Galega e Literatura  e resultou relativamente atractivo para os discentes polo enfoque colorista da exposición, a cal vai continuar amosada nos corredores do Centro.
Conseguiuse que os alumnos chegasen a ter un coñecemento amplo da vida e obra de Xosé María Díaz Castro e foron motivados para veren noticias sobre este autor nos distintos medios de comunicación (xornais, televisión, etc.)



Obradoiro “OPS! (O Português Simples)”
Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto coa Associaçom Galega da Linga (AGAL) e CIRANDA  á volta do português, foi enviada ao Centro a posiblidade de impartir o devandito obradoiro. Este tivo unha boa acollida por parte de todo o noso alumnado, quen se decatou de que a través do portugués se pon en valor o galego, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que o infravaloran.
Tivo lugar na semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014.




Concurso de Creación literaria.

Co motivo das Letras Galegas 2014 convocamos un concurso literario de contos: un específico para 1º, 2º e 3º da  ESO e outro para 4º da ESO e  Bac. Deuse un premio e o correspondente diploma.
A alumna gañadora na segunda categoría foi Patricia Seijas Díaz de 4º B ESO co relato titulado “Segredo do pasado”.






                             Ruta literaria pola Casa-Museo Manuel María
 Nesta Fundación, o día 18 de febreiro de 2014 os alumnos de 4º ESO (A, B e PDC) e 2º Bac coñeceron o legado de Manuel María partindo dunha actividade lúdica e didáctica de exploración grazas ao inestimable labor dun guía: biblioteca (que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galicia dende a posguerra até a actualidade), numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación: Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego; distintas coleccións de obxectos particulares de Manuel María que serven para ambientar a propia casa (a de navallas, por exemplo), etc.

27/5/14

SEGREDO DO PASADO

Este é o texto gañador do tradicional Certame Literario que, co gallo do Día das Letras Galegas, convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso IES. A autora, Patricia Seijas Díaz, é alumna de 4º curso de ESO.


Aló polas claras noites de verán, nas que brilla a lúa chea coma un queixo fresco, subía eu pola corredoira chamada As Monchas e ía saír a uns pastos nos que descendía do outeiro, chamados Pradellos. Alí era onde todos os veciños tiñan un enorme prado para manter as vacas. Eran moi apreciados porque tiñan fontes que baixaban da montaña da Pena Chá, onde bebían o gando e os señores e señoras que o gardaban.
Dábame pracer camiñar soa á escuridade con soamente a luz da lúa . Non temía a nada, nin sequera aos lobos. Mais víaos no alto das penas, sempre en mandas de sete . Eu choraba de pena porque me sentía soa, a pesar de ter amigos. O meu tormento era que ao nacer un martes trece fose unha lobishome. O medo de selo tíñame consumida, mesmamente eu xa o tiña asumido. A miña gran paixón sempre fora cantar en galego, recitar poemas e escribir poesía; exaltar Galicia érame unha función vital. Por outra banda, eu sempre pensaba que os lobos me temían porque eran sabedores de que os lobishomes eran moito máis fortes ca eles .
Pois recordo moi ben un día no que fun ata os Pradellos e pensei o que despois escribín na libreta coa que sempre viaxaba polos montes. Máis tarde, xa na casa, elaborei as seguintes palabras dun xeito pobre e vulgar.
´´ Penso que son unha lobishome mais eu axúdolle a todas as persoas que o necesitan, defendo Galicia e choro polo mal, este verán estouno pasando moi deprimida pola traxedia de Angrois. Os soños de tantas familias que ficaron rotos, nenos, mozos e anciáns que voltaban á casa ou estaban de visita para celebrar o Apóstolo ´´.
Despois de pensar isto quedeime pálida, chorei ata encher un rego, e despois mirei ó ceo e a lúa seguía brillando. Fitaba para min e eu para ela, coma se fósemos mudas. Sentín a campá da igrexa de Santa Cruz de Parga dando a unha da madrugada. Nese momento da escuridade, dunha carballeira saíu un moucho e asomouse a min, nese momento si que sentín temor polos ditos desta ave.
Isto penseino todo o outono, deille voltas na cama, mentres, lograba conciliar o sono; pero nunca lle busquei sentido. Non voltei aló nin sequera fun apañar cogomelos e castañas. Penso que nunca esquecerei estas lembranzas igual que nunca esquecerei o día tan fermoso que pasei co meu amor na Romaría da Barca.
Cando chegou o inverno decidín comentarlle todo isto á miña mellor amiga, María Uxía. Ela pensou e chegou á conclusión de que me viña ben ir de novo ata aqueles pastos e buscar unha explicación aos meus sentimentos e resolver o misterio. Decidimos ir polas vacacións de Nadal. Sentía medo por ter que ir de novamente ata ese lugar, mais acompañada por Uxía a nada debería temer.
Ao seguinte día relatei brevemente a nosa nocturna viaxe.
´´ Subimos por As Monchas e despois tivemos que descender para chegar ao val onde se atopaban aqueles pastos, polos que eu camiñaba no verán . Ao primeiro miramos pero non atopamos nada estraño . Pero despois de tanto observar atopamos no medio das pudias e das xestas unha carta escrita a man cunha fermosa e comprensible letra. Lina e cando a rematei de ler vin que estaba firmada polo meu noivo. El, como me coñecía, sabía os meus pensamentos e mais os montes polos que paseaba ´´.
Voltei para a casa coa compaña da rapaza e cavilando ledamente canto me quería esa persoa e canto penaba por min . A verdade era que eu tamén a amaba desesperadamente. Era unha persoa comprensiva, respectuosa e que simpatizaba con todos. Un rapaz dous anos maior ca min, ese ano cursaba o terceiro curso de carreira na mesma universidade ca min .
Dende aquel día penso que comecei a aumentar a miña felicidade e borróuseme a obsesión de que era unha lobishome. Á miña cara asomaba un soriso dende que saía o sol ata o escuro anoitecer. Ao chegar a primavera aínda estiven máis contenta vendo as flores dos campos e escoitando piar os paxaros. Pero, aínda así, sufro polos demais e polas desgrazas do mundo, pero xa non por min mesma; porque vin que non todas as persoas nos momentos débiles teñen tan bos apoios como tiven eu .
O seguinte verán saín a pasear co meu amor polas claras noites de luar polos montes máis fermosos da parroquia .
Xa hai agora setenta anos que aconteceron os feitos que acabo de narrar . Fíxeno, mentres viña á praia a Muxía no coche . Á poboación de agora non lle estraña que viñese no asento do piloto escribindo . Pero ás persoas que agora xa non están pareceralles algo imposible . Por iso, a elas, voulles explicar que agora os coches que anunciaban no 2014 para o futuro xa están aquí. Todas as persoas os temos, ata eu que teño 99 anos poido viaxar soa no meu propio coche . Agora sei que xa son moi maior e que logo vou morrer, por iso lles deixo un recordo de min a todo mundo. Aínda así, vou enviar unha copia á terra na que habitan os mortos .




17/5/14

Xosé María Díaz Castro: homenaxe no Día das Letras

Hase de amar a cousa ata que sangue,
o verdadeiro amor enferra en neve,
ara nun mar de rosas suco leve,
ai pero acasula en sangue

 Xosé M. Díaz Castro

31/3/14

Como buscar información na rede



Grazas a Charo Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e a Olga Rodríguez do CEIP Milladoiro de Malpica, podemos enlazar este estupendo documento que explica COMO BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE DE FORMA EFICAZ. 
O noso agradecemento pola súa xenerosidade, como sempre.

PICA NA IMAXE para entrar.

8/3/14

Día Internacional da Muller

Cada 8 de Marzo celelebramos o Día Internacional de Muller Traballadora como data para reivindicar a igualdade e revisar a situación da muller na sociedade. Nós enlazamos aquí unha liña do tempo sobre as Mulleres na Historia, de culturagalega.org e inserimos máis abaixo un estupendo recurso sobre Mulleres Galegas, de Luz Jares. Agradecemos ambas aportacións. 
Finalmente, queremos render tributo a todas as mulleres anónimas que non figuran en ningún documento deste tipo pero que diariamente, coas súas tarefas, contribúen á dignificación e á mellora da situación social de todas.

27/2/14

Amor de plastilina

Así titula o alumnado do obradoiro de Plástica esta tenra curta sobre o amor que nos achegan os compañeiros da Biblioteca Bernardino Graña. Nós enlazámola aquí co seu permiso e agradecémoslles a xenerosidade de compartila.
Merece a pena velo.


24/2/14

Día de Rosalía

Hoxe celébrase o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data, a Asociación de Escritores en Lingua Galega promove unha serie de actos culturais nos concellos e centros de ensino, así como o agasallo dun libro en galego e unha flor.

Nós inserimos un vídeo dun disco de Abe Rábade, titulado  Rosalía XXI,  no que o músico galego rende homenaxe á poeta de Compostela. Escoitade a súa versión de Alborada.



12/2/14

126 anos de Clara Campoamor


Clara Campoamor, (Madrid, 1888 - Lausana, 1972), brillante política española, foi unha das primeiras mulleres avogadas deste país. Loitadora a favor da non discriminación por razón de sexo, da igualdade xurídica dos fillos e fillas habidos dentro e fóra do matrimonio e do divorcio. Ademais foi a principal impulsora do voto feminino, que se exerce en España desde 1933. Hoxe celébrase o 126 aniversario do seu nacemento. 
Para saber máis, entra AQUÍ

19/1/14

El Greco 2014

Este ano celébrase o IV centenario do pasamento de El Greco, pintor adiantado á súa época e precursor das actuais vangardas que deixou en Toledo o mellor da súa obra.
Para ver información sobre este acontecemento, enlazamos a súa páxina web e insertamos este vídeo.


Etiquetas

15 M (1) 25 de novembro (5) 8 de marzo (5) 8 de marzo. (1) A Coruña (2) Abe Rábade (1) académicos (1) Actividades (12) Actuacións (1) Acuarelas (1) Agustín Fernández Paz (2) AI (1) Alfonso X. (1) Alimentos (2) Amadeo Vives (1) Amnistía Internacional (1) Amor (4) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación (2) Animación á lectura (17) Animacion na escola (1) Animais (1) Aniversarios (2) Antía Yáñez (1) Antonio Fraguas (1) Antonio Gamoneda (1) Antonio Heredero (1) Antonio Rodríguez Menéndez (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aproveitamento de recursos (1) Aquilino Iglesia (1) Arde Lucus (1) Aristóteles (1) Arte (3) Astérix e Obélix (1) Astrid Lindgren (1) Astronomía (10) atención á diversidade (1) Aulas galegas (1) aulas virtuais (1) Avaliación (1) Avós (1) Axenda 2030 (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Benvida (3) Biblioteca (16) bibliotecas (8) blues (1) boletíns (3) bossa nova (1) Búsqueda de informacion (1) Búsqueda de información (1) Caballero Bonald (1) calipso (1) Cambio climático (2) Camiño de Santiago (1) Campañas (5) Canarias (1) Cancro infantil (1) cantantes (1) Cantar delas (1) Cantautores (1) Cantigas (1) capitalismo (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Carvalho Calero (1) Casa da Xuventude (1) CDU (1) Celanova (2) Celebración (53) Celso Emilio (1) Celta (1) Centro Fingoi (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Chantada (1) Charlie Brown (1) Charlie Hebdo (1) Charo Sánchez-Gabriel (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (7) Cine (15) Cine clásico. (1) Cine e libros (1) Cine educativo (1) Clara Campoamor (1) Claude Debussy (1) Claudio Rodríguez (1) Comic (3) cómic (1) Comida (1) Compostela (4) Concello de Lugo (1) concertos (3) Concursos (32) Conferencias (5) Congresos (2) Conmemoración (1) conmemoracións (4) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convidados (1) Convocatorias (6) Coral Casablanca (1) Correlingua (4) Cortázar (2) Count Basie (1) Courel (1) CPI Dices Rois (1) crise (2) Crispín d'Olot (1) critica musical. (1) Críticos cine (1) Cultura (5) Cultura romana (1) Curie (1) Curso 2013-2014 (1) Curso 2014-2015 (1) Curtas (3) Daniel Casssany. (1) Darío Xohán Cabana (1) Deporte (1) Deporte e lectura (1) Dereitos humanos (3) Día da Muller (2) Día da Muller Traballadora (3) Día da Terra (1) Día das bibliotecas (1) Día de Rosalía (2) Día do Libro (4) Día dos Museos (1) Día dos Namorados (2) Día Internacional da Muller (4) Dicionarios (1) Difusión (1) Dignidade. (1) Dinamización (2) Discriminación (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Doris Lessing (1) Doutor Honoris Causa (1) Duke Ellington (1) Ecoloxía (1) Educación (2) educación sensorial. (2) El Greco (1) El País (1) El Quijote (1) Elena Gallego (1) Ella Fitzgerald (1) Encontros (6) Enderezos (1) ensinanzas artísticas (1) ensino (2) Ensino público (1) Escritores (2) Escritores Galegos (1) Escuela de Lectura de Madrid (1) Estados Unidos (2) estatísticas (10) Estatuas (1) estudo (1) Estudos cinematografía (1) Exposicións (13) exposicións. (1) F.C.Barcelona (1) Fabio Tropea (1) Familias (1) familias. (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) feminismo (2) Fernández Paz (3) Fernando G.Jácome (1) Festas (1) Física (1) Flora e fauna (2) fomento da lectura (3) fondos (1) Forges (6) Formación (1) Formación de usuarios (4) formas musicales (1) Fotografía (2) Fotos (18) Fotos antigas (1) Fraguas (3) Franquismo (1) Freinet (1) Fundación Germán Sánchez Ruipérez (1) Fútbol (1) Fuxan os Ventos (1) García Lorca (2) Georges Gershwin (1) Georges Moustaki (1) Globalización (1) goberno de España (1) Gonzalo Moure (1) gospel (1) Grant Snider (3) Grecia (1) Guerra (1) Guía de Nadal (1) Guías (21) Guionistas (1) Guitiriz (1) Haendel (1) Haydn (2) Historia (3) Historia contemporánea (2) Historia da Música (1) Historia de España (1) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES As Barxas (1) IES As Mariñas (1) IES Pazo da Mercé (1) IES Poeta Díaz Castro (2) IES Río Cabe (1) igualdade (4) Igualdade de oportunidades (1) Indignádevos (1) Industria fonográfica (1) información familias (1) inglés (1) Instagram (1) Instituto Cervantes (1) Internet (5) investigación (1) Jaime Gil de Biedma (1) Jaureguízar (1) Jazz (2) Jean_Luc Martínez (1) Jordi sierra i Fabra (1) José Ángel Valente (1) José Luís Sampedro (1) José Saramago (1) Juan García Hortelano (1) La Verbena de la Paloma (1) Lama das Quendas (1) Lambetadas (1) Laxeiro (1) Lectura (37) lectura. (4) Letras Galegas (34) Letras Galegas 2018 (8) Letras Galegas 2019 (5) Letras Galegas 2020 (1) Léxico (2) Liberdade (1) Librarías (2) Libros (24) Lingua española (1) Lingua Galega (38) Liniers (2) Literatura (1) literatura española (1) Literatura española S.XX (1) Literatura galega (1) Literatura século XIX (1) literatura século XX (1) literatura xuvenil (1) Lituania (1) Llibros de texto (1) Logopedia (1) Londres (1) Louis Armstrong (1) Louvre (1) Lugares sorprendentes (9) Lugo (9) Luís González (1) Luís Sagi-Vela (1) Macaco (1) Machado (1) Machismo (5) Madrid (1) Mafalda (1) Maios (1) Maltrato (1) maltrato. (1) Mandela (1) Manierismo. (1) Manifestación (1) manifesto (1) Manuel María (3) Manuel Pérez Tornero (1) Manuel Rivas (2) Marcapáxinas (1) Mares (1) María Barcala (1) María Victoria Moreno (5) Masartísticas (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Medo (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mestres (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (8) Mochilas viaxeiras (1) Moda (1) Moldava (1) Mozart (1) muller rural (1) Mulleres (15) Mulleres Galegas (1) Mulleres na Historia (1) Museo del Prado (1) Museo provincial (1) Museos (7) Música (24) Música clásica (1) musica coral (1) Música española (1) Música francesa (1) Música galega. (2) música pop (1) música programática. (1) Música século XX (3) Música século XXI (1) Música. (1) Nacionalismo (1) Nadal (4) Natureza (7) Neira Vilas (2) Nenos (1) neoliberalismo (1) Normalización Lingüística (31) Nós (1) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (3) Novoneyra (4) O son da nosa fala (1) Ocio (1) OCU (1) Olga Rodríguez (1) Olimpiadas (1) One woman (1) ONU (1) ONU Mulleres (1) Ópera (2) Orfeón Lucense (1) Orquestra Xove (1) Outeiro (1) Outros blogues (12) Oviedo (1) PAAU (2) Pacifismo (1) Pais e Nais (2) Pan (1) pandemia (4) París (2) Parlamento europeo (1) Pasamentos (4) Páscoa (1) pautas (1) Paz (3) Pedagogos (1) Pepe Coira (2) Pilocha (1) Pintura (4) Pintura española (1) pintura galega (1) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (2) Planeta (5) Plástica (1) Platón (1) poema sinfonico (1) Poesía (8) Poesía e poetas (7) Poesía galega (1) Poetas (8) Portugal (3) Prado (1) Praga (1) Premio Cervantes (2) Premio Cervantes Chico (1) Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil (1) Premio Nacional de Literatura (1) Premios (27) Premios Nobel (3) Premios. (2) Prensa (7) préstamo (4) Préstamos (1) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa de radio (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) Proxecto Fahrenheit 451 (1) proxecto lector (3) Publicacións (1) Publicidade (1) Purcell (1) Queremos galego! (1) Quijote (1) Química (4) Quino (1) Racismo (1) Racismo. (1) Radio na escola (1) RAE (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) rap (1) Reacciona (1) Real Academia Galega (2) Reciclaxe (1) Recomendamos (9) recortes (2) Redes sociais (1) redes sociais. (1) Relatos (18) Renacemento (1) Renovación Pedagóxica (1) Resumos (1) Roberto Vidal Bolaño (2) Rodari (1) Roma (1) Rosalía (2) Rosalía de Castro (1) Rtve (1) S. XIX (1) S. XX (1) Samaín (1) samba (1) San Froilán (3) San Valentín (10) scat (1) Scribd (5) Século XIX (1) Século XVI (1) Século XVII (1) Século XX (2) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Sitios web (1) Slides (17) Smetana (1) Solidariedade (8) Stéphane Hessel (1) Sufragistas (1) swing (1) Tabaco (1) Teatro (7) Televisión (1) Teresa Neri (1) Terra Cha (2) Terror (1) Terrorismo (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Tíscar Lara (1) Tomás Bretón (1) Traballo (1) Traballos colaborativos. (1) Tráfico (1) Traxe tradicional (1) Tundal (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidade de Vigo (1) Universidades (1) Vacacións (3) Val do Asma (1) Valentín Paz Andrade (1) vangardas (1) Verán (6) Verne (2) Vestimenta romana (1) Viaxes (4) Vídeos (30) Videos. (1) Viñetas (19) Violencia (10) violencia contra as mulleres (7) violencia de xénero (4) violencia xénero (1) Visitas (12) Xabier P. Docampo (1) Xapón (1) Xeración dos cincuenta (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornadas bibliotecas (1) Xornalismo (1) Xosé María Díaz Castro (3) youtube (6) zarzuela (2)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.