15/05/21

Bases do XXXV Certame de Poesía María Soliño (Cangas)


En colaboración coa Biblioteca do I.E.S. Mª Soliño 

1-Haberá dúas categorías: A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo de E.S.O. B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio. 

2-Concederanse tres premios na categoría A -Primeiro premio-150 euros. -Segundo premio- 75 euros. -Terceiro premio- 50 euros. 

3- Concederanse dous premios na categoría B -Primeiro premio-200 euros. -Segundo premio- 125 euros. 

4-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega. 

5-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco. 

6-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.

7-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 14 / 36940 CANGAS) nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro. 

8-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se reserva todos os dereitos. 

9-O prazo de entrega rematará o día 11 de Xuño. 

10-A composición do xurado e o seu fallo faranse públicos no acto da entrega de premios, que terá lugar o 21 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir as persoas premiadas. Cangas, 11 de maio de 2021.

 

14/05/21

Marta e a serpe xigante, de Paula Gay Nuñez (1ºESO C)

Co relato seguinte, gañador do 2º premio do 2º Nivel (1º e 2º ESO) do Concurso de Relato Curto convocado polo IES Río Miño con motivo das Letras Galegas 2021, concluímos a publicación dos relatos premiados. 

Parabéns a eles e elas.


Había unha vez hai moitos anos unha serpe á que todos tiñan medo, seguramente polo seu gran tamaño, pero tamén polo seu poder.

Esta serpe vivía moi preto dunha fervenza. non era tampouco unha fervenza calquera, era a fervenza máis grande de todos os arredores.

Só unha persoa que vira a fervenza e tamén a serpe vivira para contalo. Esa persoa: Marta.

Marta era unha rapaza loura, de ollos azuis e de estatura media. Ela aseguraba ter visto a serpe e a fervenza. Conta que, sen as súas luvas, que herdou de súa nai e que xa levan moitas xeracións sendo herdadas, non o conseguiría. Afirma que as luvas comezaron a pelexar soas, que ela non tivera que facer nada. Ese día chegar á casa chea de lama. Algún cren o que ela di, outros non. Aínda así, ninguén se atreve a ir á fervenza por temor a encontrarse coa serpe. Pero a serpe non estaba a gusto, non quería que seguisen dicindo que unha rapaza lle gañara. Así que decidiu atacar o pequeno pobo no que Marta vivía. 

A todos os colleu por sorpresa. Marta tiña un fillo de poucos meses, e a súa prioridade era protexelo. Deixouno na súa habitación e entregoulle un axóuxere, e, con moito agarimo, deulle un bico e foise a pelexar. Luvas en man, pelexou e pelexou, pero esta vez a serpe gañou a batalla. O pobo quedou completamente desfeito. Só unha persoa sobrevivíu: o fillo de Marta, Xoán. O axóuxere que Marta lle entregara protexeuno da serpe e enviouno ao fogar dunha familia que ao día seguinte o encontraría na porta da súa casa, aínda co axóuxere na man. Tiña tamén unha nota na que Marta explicaba todo o sucedido, e pedía que coidasen do seu fillo e non lle contasen nada do que sucedeu.

Xoán creceu, levou unha vida normal, nunca soubo nada.

Paula Gay recolle o diploma

13/05/21

A viaxe de Naia, de Olalla Camaño Gómez, 2ºESO C (1º Premio. Nivel 2 do Concurso de Relatos)

 

Un día a Naia ocorréuselle ir visitar as fervenzas do Niágara coas amigas. Entón elas vestíronse e puxeron o gorro, as luvas… xa que non había nin un grao. Puxeron camiño ata alí, pero cando lles faltaban poucos minutos atoparon unha serpe que estaba coidando dos seus ovos. Pasaron por diante dela e seguiron camiño adiante. Ao chegaren, viron un bebé abandonado e un axóuxere ao seu carón. El estaba esperto, pero choraba porque o axóuxere quedara entalado na lama que había ao carón do río Mississipi. Naia e as amigas intentaron socorrelo, pero tamén tiñan que estar co neno. Despois de tanto pensar, colleron unha rede que había colgada dunha árbore e sacaron o seu xoguete. Tiña forma estrelada e  no centro poñía o nome do neno, Lían. Elas decidiron levalo á excursión das fervenzas do Niágara , e ao chegar despois de cruzar o río, aquilo era fermosísimo. Sacaron fotos, comeron e pasaron o día ríndose co pequeno bebé que xa camiñaba. Ían regresar á casa cando, de repente, empezou a chover. Viron unha casa pequena e de madeira e entraron,pero dentro desta había neve.  Entón estiveron co neno xogando ata que, da forte choiva, o tellado caeu enriba do neno e morreu. Elas puxéronse tristes xa que lle colleran moito agarimo durante esas horas xuntos. Volveron ás Rochosas para enterrar o neno e estar coa familia delas. Pasados uns días foron en avión ata Polonia para visitar os fermosísimos museos. Ao entraren nun deles choraron, xa que nun cadro aparecía o nome de Lían. Pero elas sabían que el as vía dende o ceo. Foron comer e voltaron  para a casa. Pero desta volta non ían volver máis a eses sitios de excursión. Despedíronse e foron durmir para seguir esquecendo a traxedia do primeiro día de verán.

Olalla Camaño co diploma correspondente

12/05/21

Paseo polas lembranzas, de Isara Longarela (3ºESO A): 2º Premio do Nivel 1 do Concurso de Relatos

Era a unha da mañá e os meus ollos castaños non se daban pechado. Xa tiña setenta anos e estaba soa. O meu

marido morrera na Habana e a miña filla fórase a Alemaña en busca de traballo.

Xogando con estes pensamentos, decateime de que tiña un álbum de fotos no armario, fun por el e mireino detidamente, era de coiro e en letras douradas,tiña gravadas as miñas palabras favoritas: “Madía leva”. Xa non lembraba por que me gustaban tanto...Abrino. Os meus sentimentos, que levaba tanto tempo agochando, estouparon, e saíron dende a gorxa ao exterior. 

Pasei chorando uns minutos, pero lembrei o que me dicía a miña nai: “ Os sentimentos non son malos, pero hai que saber controlalos”. E así fixen, seguín pasando páxinas ata chegar onde, probablemente, o meu corazón quería dende o principio : as fotos de meu único e fermoso bebé.

Pechei os ollos, e cando os volvín a abrir, xa non estaba no meu cuarto. Si , ero o mesmo, pero había algo diferente, un berce, cunha nena revoltosa e un pouco bulebule que non paraba de chorar. Eu achegueime a modiño ao leito de madeira e mireina ;sentín o meu corazón bater con forza. Era a miña pequena, a miña rula! Cando o bebe mirou para min, deixou de chorar , e os nosos corazóns lateron á par. Quedamos así uns minutos, sentindo a maxia do amor verdadeiro, o que só existe entre unha filla e a súa nai; logo collina no colo e aloumiñeina no nocello, e empezou a rir. Eu xa sabía que o ía facer porque aí era onde tiña cóxegas. O seu riso levoume de volta á realidade. Maldecín polo baixo perder aquel riso, pero despois de cavilar un cacho decateime de que aínda non o perdera, que non estaba soa, que as cousas podían cambiar. 

Esta vez, cando fun deitarme, puiden pechar os ollos, sabendo que cando espertara ía ser un novo día para arranxar as cousas.

11/05/21

Un seis de maio, de Pablo Rodríguez Rodríguez

 Pablo Rodríguez Rodríguez, de 4ºESO A, resultou gañador do 1º Premio do Nivel 1 do Concurso de Relato Curto do IES Río Miño de Rábade co relato titulado "Un seis de maio", que ofrecemos a seguir:

Todo comezou un día gris, un 6 de maio , certamente ás catro da tarde, para ser máis exactos. Foi  nese mesmo intre, cando no paritorio do hospital Lucus Augusti naceron uns xemelgos. Nas radiografías previas ao parto non se atopaba ningunha anomalía,concretamente atopouse ao comezo do parto.

 María era unha rapaza pertencente ao municipio de O Corgo (Lugo), que casara cun rapaz que estudara con ela, chamado Xabier. Ao ano e pouco de casar decidiron ter un fillo. Foi unha sorpresa que María quedase embarada á primeira, pero máis sorpresa foi cando catro meses despois se enterou de que eran xemelgos. 

María ingresou no hospital o 5 de maio , pero o doutor xa lle dixera que os seus fillos ían nacer o día 6. E o doutor Xoán Ramón non se equivocaba. Como todos sabemos para ser un bo doutor hai que ter un nome composto, xa que eu non recordo ningún bo cun nome só.

Deixando as miñas teorías dispostas a matar o tempo, volvemos a ese 6 de maio: ás tres da tarde ,María púxose de parto de forma natural; levárona á sala que lle proporcionaran para dar a luz, alí dentro estaba o doutor Xoán Ramón coas súas axudantes. o primeiro que fixo o doutor Xoán Ramón foi comprobar a posición na que viñan os nenos, cando se deu conta de que estes aparecían  cada un colocado de forma diferente e ademais extremadamente xuntos. Non o dubidou e avisou a María de que era necesaria unha cesárea. María non se puxo moi nerviosa, ao mellor foi porque o seu doutor tiña un nome composto, pero o caso é que non se puxo nerviosa, mentres que Xabier estaba que subía polas paredes dos nervios. Cando o doutor fixo a incisión para sacar aos nenos, deuse conta que viñan pegados! Viñan pegados ao revés! O nocello dun estaba xunta á gorxa do outro!

En seguida a noticia se soubo en todo o hospital, ata os médicos residentes comentaban:; Na miña vida vin unha cousa así! Madía leva!

Nos seguintes días foran as televisións de todos os recunchos do mundo e a familia recibiu o aloumiño de moitas persoas.

Grazas a este recoñecemento mundial púidose pagar a operación para separar os pequenos, que non era nin máis nin menos que 300.000 €! 

A operación comezou un día despexado, un 20 de maio certamente, ás 6 da tarde, para ser máis exactos…...

10/05/21

Fallo do Concurso de Relato Curto

 O Xurado do Concurso de Relato Curto convocado polo Día das Letras Galegas 2021 acordou seleccionar os seguintes relatos, por categorías:


1º NIVEL (CURSOS 3º e 4º ESO)


  • 1º PREMIO: diploma e 30 € en material escolar.

                             PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (4ºA)

  • 2ºPREMIO: diploma e 20 €  en material escolar.

                             ISARA LONGARELA FERNÁNDEZ (3ºA)


2ºNIVEL (CURSOS 1º e 2º ESO)


  • 1º PREMIO: diploma e 30 € en material escolar.

OLALLA CAMAÑO GÓMEZ  (2ºC)

  •   2ºPREMIO: diploma e 20 €  en material escolar.

PAULA GAY NÚÑEZ   (1ºC)                   


05/05/21

Dia Mundial da Língua Portuguesa


A data de 5 de Maio foi oficialmente estabelecida em 2009 pela Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) - uma organização intergovernamental, parceira oficial da UNESCO desde 2000, que reúne os povos que têm a língua portuguesa como um dos fundamentos da sua identidade específica - para celebrar a língua portuguesa e as culturas lusófonas. Em 2019, a 40ª sessão da Conferência Geral da UNESCO decidiu proclamar o dia 5 de Maio de cada ano como "Dia Mundial da Língua Portuguesa".

A língua portuguesa é não só uma das línguas mais difundidas no mundo, com mais de 265 milhões de falantes espalhados por todos os continentes, como é também a língua mais falada no hemisfério sul. O português continua a ser, hoje, uma das principais línguas de comunicação internacional, e uma língua com uma forte extensão geográfica, destinada a aumentar.   

Os Dias consagrados às línguas faladas em todo o mundo celebram anualmente o multilinguismo e a diversidade cultural, e constituem uma oportunidade para sensibilizar a comunidade internacional para a história, a cultura e a utilização de cada uma destas línguas. O multilinguismo, um valor central das Nações Unidas e uma área de importância estratégica para a UNESCO, é um fator essencial para uma comunicação harmoniosa entre os povos, promovendo a unidade na diversidade, a compreensão internacional, a tolerância e o diálogo.


Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.