Amosando publicacións coa etiqueta Astronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Astronomía. Amosar todas as publicacións

28/02/24

A cara oculta

Está claro que se trata da nosa Lúa, pero seguramente a verás diferente á que vemos cando miramos o ceo pola noite. Iso é porque a da imaxe é a cara oculta do noso satélite, cunha composición e orografía bastante diferente das da cara visible. 
A imaxe deste post é un mosaico formado por 15.000 fotografías individuais tiradas polo Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA, unha sonda que orbita a Lúa para nos proporcionar imaxes actualizadas e de alta cualidade da superficie lunar.

10/11/23

A cara oculta

 A un millón e medio de quilómetros de nós, máis alá da Lúa, nunha órbita fixa arredor da Terra, a nave DSCOVR envía a diario imaxes do noso planeta. 

Cando a Lúa pasa entre a nave e a Terra ocorre que o que se retrata do satélite é o seu lado oculto, aquel que nunca daremos visto desde aquí.


15/03/23

Spirit

Un día de marzo de 2004, unha hora antes do amencer marciano, o robot Spirit do Programa de Exploración de Marte tirou a primeira foto da Terra desde a superficie doutro planeta.

24/03/22

M95

 Esta que vemos na foto da NASA é Messier 95, unha galaxia espiral  cunha estrutura moi chamativa e brillante con forma de anel arredor do seu centro, supostamente debida a episodios de formación de estrelas. 

Messier 95 é enorme: mide nada menos que 50.000 anos-luz de diámetro e está a 30 millóns de anos-luz da nosa galaxia, a Vía Láctea. 

08/04/21

As diferentes lúas do Sistema Solar en relación aos seus planetas


E lembra:
O substantivo Lúa só se escribe con maiúscula cando é o nome do satélite da Terra; no resto dos casos será un substantivo común, un sinónimo de satélite e, polo tanto, ha de se escribir con minúscula.

20/03/21

Equinoccio de primavera

Hoxe sábado comezamos (exactamente ás 10.37 h.) unha nova estación co equinoccio de primavera no hemisferio norte e o de outono no hemisferio sur.

Este ano a primavera durará 92 días e 18 horas, e terminará o vindeiro 21 de xuño, co inicio do verán (no hemisferio norte, claro).

Os equinoccios, tanto de primavera como de outono, son os momentos do ano en que o Sol está situado no plano do ecuador celeste. O día e a noite teñen nesa posición case a mesma duración. En realidade, o número de horas de luz e de escuridade este ano igualouse no equilux do pasado 17 de marzo.

08/01/21

Hoxe é o Día da Rotación da Terra

O Día da Rotaçión da Terra celébrase cada ano o 8 de xaneiro para conmemorar a demostración pública da rotación da Terra no seu eixo, o que sucedeu este mesmo día de 1851 polo físico francés León Foucault.

Foucault suspendeu unha esfera de bronce de 30 kg chea de chumbo,  dun fio de 67 metros de longo, no topo do Panteón de París. Com este dispositivo, agora chamado péndulo de Foucault, o físico francés demostrou que o plano do balanzo do pendulo xirava en relaçión á rotación da Terra.

Newton tiña descuberto previamente a gravidade, mais aínda ninguém tinha demostrado a súa causa, a rotación do planeta.

Hoxe en día é posible ver o péndulo de Foucault en museos de ciencia de todo o mundo.

14/01/10

De moscas e arañas siderais


Nunca deixarán de sorprendernos os nomes con que os astrónomos designan algúns corpos celestes. Eis un exemplo, atopado na páxina divulgativa da NASA: esta brillante nebulosa da constelación do Auriga, a uns dez mil anos luz, é coñecida co suxestivo nome de A Araña e a Mosca.

14/10/09

A noite sobre Rapa-Nui


Había tempo que non colgabamos no blogue da Nosa Biblioteca unha fotografía do espazo.
Esta á que vos asomamos representa o ceo nocturno sobre a illa de Páscoa; máis perto, o contorno dun moai, unha desas misteriosas estatuas erguidas hai cinco séculos como testemuño dunha misteriosa civilización desaparecida; ao lonxe, a Gran Nube de Magalhães, en que refulxen Canopo e Sirio.

23/05/09

Galaxias, nebulosas e outras cousas belas


Esta galaxia chámase do Muíño por razóns obvias e está moi perto de nós, tan só a 27 millóns de anos luz, o que nos permite vela con detalle. É tan grande que a súa gravidade pode distorsionar as pequenas galaxias veciñas.


Tamén é obvio por que esta galaxia da constelación Coma Berenices, a NGC 4565, é coñecida como Galaxia da Agulla. Está a uns 30 millóns de anos luz de distancia, e mide outros 100.000 anos luz de diámetro. No seu núcleo predomina a luz amarelenta das vellas estrelas.



Unha imaxe do cúmulo globular Omega Centauri, o máis brillante e grande da Vía Láctea.


Eis a nebulosa Sharpless 2-188: a súa estrela central está a 850 anos luz de nós e móvese a 125 kilómetros por segundo; o arco brillante e os filamentos indican a dirección do movemento da estrela, menos brillante canto máis distantes dela, e son consecuencia da rápida viaxe da estrela central a través do espazo. Estas estruturas favorecen a mestura de material interestelar e a formación de estrelas.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.