Pois ben, aquí están os Maios.
A festa campesiña pagá, que celebra o renacemento que a Primavera trae aos campos tras a aparente morte do Inverno, ten actualmente pouca ou ningunha tradición na nosa comarca; non así no sul de Galicia, principalmente nas provincias de Ourense e Pontevedra, onde conserva un pulo extraordinario, como se pode ver na película de Marepodium sobre os Maios de Poio e Combarro. A forma tradicional do maio é cónica, aínda que en Ourense, por exemplo, admite maior variedade de formas; os materiais, fiúncho, uz, carroucha, xesta, toxo, laranxas, carrabouxos, ovos...
Acompaña o vídeo a voz de Luís Emilio Batallán coa fermosa versión do poema de Curros.
"Aquí ven o maio
de flores cuberto… "
Puxéronse á porta
cantándome os nenos,
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o pobre
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
[...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario