22/12/22
21/12/22
Finalistas
Autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia son as voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2022.
Agora chega a fase decisiva, na que podedes elixir dende hoxe e ata as 23:59 horas do vindeiro 25 de decembro. Vós tendes a última palabra!
A Palabra do Ano elixida por vosoutras e vosoutros darase a coñecer nos últimos días do 2022 a través do Portal das Palabras, páxina web dende a cal a Real Academia Galega ofrece xogos, vídeos e outros contidos de divulgación do léxico galego, propón cada mañá a Palabra do día e abre tamén unha fiestra ao Dicionario dixital da Academia que se suma á de academia.gal.
Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas tanxugueiras (2021) nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
20/12/22
14/12/22
12/12/22
09/12/22
07/12/22
A palabra do ano
https://portaldaspalabras.gal/
A votación telemática para escoller entre as finalistas a palabra gañadora desenvolverase do 13 ao 25 de decembro.
02/12/22
Manuel Veiga Ferro: "Querido diario"
Rematamos a publicación dos microrrelatos premiados no Concurso de Microrrelatos contra a Violencia de Xénero convocado polos Equipo da Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega. Manuel Feiga Ferro (3ºESO-PDC) obtivo o 2º Premio do Nivel 2 co seguinte traballo:
Saúl
01/12/22
Punto e coma, de Eva Rose Merchant Gainsford
O 1º Premio (Nivel 2) do Concurso de Microrrelatos contra a Violencia de Xénero obtívoo Eva Rose Merchant Gainsford (3ºESO-PDC) co seu "Punto e Coma":
Puido lavar o seu corpo ;
endexamais a memoria.
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.