09/05/09

Historias de amor

Iniciamos hoxe, cando estamos a piques de comezar coa Semana das Letras Galegas, a publicación dos relatos premiados no Concurso organizado polo ENDL do Centro. O conto seguinte, titulado Historias de amor, é obra de María Ferreiro Ferreiro, de 2ºESO-B, e obtivo o segundo premio da categoría de alumnos de 1º, 2º e 3º de Secundaria.


Sempre estou a ler novelas de amor, cando un cabalero sen nome se casa cunha doncela do castelo, cando un amor imposible triunfa despois de tanto loitar, cando unha rapaza e un rapaz normais se namoran e pasan a súa vida xuntos.
Todas esas historia quería que me pasasen a min, soño con ter unha grande historia de amor que saia en libros e novelas, unha historia especial... pero a verdade é que nin sequera tiven un só mozo, prefiro soñar en que o amor chamará á miña porta cun anaco de pizza de queixo, como nas miñas novelas, non saio a a unha cafetaría e me poño a falar cun rapaz calquera a ver se podemos quedar algún día xuntos. Eu nunca fago iso...
De seguro que agora te estás preguntando cantos anos teño..., como me chamo..., onde vivo..., esas cousas ue soen aparecer ao comezo dos libros e das historias. Pero eu non quero amolarte con esa trapallada de cousas xa ó comezo dunha historia que, eu creo, vale a pena ler. Ademais, en cuestións de amor, penso eu, nada importa, nin a idade, nin o nome... nada.
Como xa dixen, eu non estou moi acostumada a saír con rapaces... só saín con un, unha vez, e nin sequera saín con el... explico: era un amigo de miña curmá, era o seu aniversario e invitoume, eu non coñecía ao rapaz pero pareceume moi guapo e moi boíño, non sei, pódese dicir que me gustaba. Cando rematou o aniversario miña curmá levoume á casa, no camiño iramos nós soas e ocorréuseme preguntarlle cousas sobre o rapaz:

-Oíches, o teu amigo parecía simpático, como é?

-Non me digas que che gusta?

-Pois... a verdade é que si, por que?

- Porque el me dixo que tamén lle gustabas.
Naquel momento sentinme xenial, sentinme como nunca, non sei explicalo, non podo explicalo, foi un momento máxico e especial...
Faltaba pouco para San Valentín, e ocorréuseme mandarlle unha carta:


Querida persoa:
Supoño que che diría miña curmá o que sinto por ti, e se non cho dixo dígocho eu.
Gústasme moito, desde que te vin parecíchesme moi
boa inda que nin sequera te coñecía, foi moi raro, sentín algo especial e fermoso.
Gustaríame que me escribises.
Esperarei con ansia a túa carta.
Ao pouco tempo recibín a súa contestación, estaba tan nerviosa que nin podía abrila, sentíame por primeira vez como a protagonista dunha das miñas novelas...
Querida persoa:
A min tamén me gustaches, no momento en que te vin souben
que eras especial, non sei, que eras diferente ás demais rapazas...
Gustaríame que saíses comigo, se non queres entendereino pero espero ter
unha resposta do meu agrado.
Esperarei a túa resposta.


Como supoñerás, díxenlle que si. Estivemos algún tempo mandándonos mensaxes pero cando intentei quedar con el unha tarde non me contestou... pero faloume miña curmá dicindo que non quería ir. Nese momento sentín como se me tivese cravado un coitelo no peito, na metade do corazón partíndoo en dous. Este forte sentimento non foi porque me dixese que non, senón porque non mo dixo el, tívomo que dicir miña curmá...
Estiven moito tempo mandándolle mensaxes explicándolle o que sentía pero el non mos respondía...
Supuxen que non quería saír comigo... pero non o entendía... el pedírame para saír e agora pasaba de min, a verdade é que non o entendía...
Despois de ter unha miniexperiencia amorosa totalmente fallida, volvín ás miñas novelas de amor, ás miñas historias de cabaleiros e ós meus libros de contos.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.