23/05/23
18/11/21
Darío. In memoriam
Estamos conmocionados pola noticia do falecemento onte de Darío Xohán Cabana, poeta e narrador galego imprescindible, que acudiu á nosa Biblioteca en febreiro de 2014 para un encontro co alumnado de Bacharelato, que lle fixo preguntas sobre o seu Galván en Saor, lectura obrigatoria aquel curso e outros posteriores.
Sempre é triste cando morre un escritor ou escritora, pero se se trata de alguén bo e xeneroso, honesto e comprometido coa súa terra, como Darío o foi, a tristeza é case insuperable.
Que a terra lle sexa leve.
Faleceu Darío Xohán Cabana
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Por amor sángranme os pulsos
e ábreseme o corazón
Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor.
24/09/21
Florencio Delgado Gurriarán
Como sabedes, en 2022 o Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, que será, como é habitual, centro de numerosas actividades e homenaxes.
Para coñecerdes máis sobre a figura deste autor, podedes consultar As letras de Florencio Delgado Gurriarán, un sitio web cheo de información, enlaces a outras páxinas e material gráfico sobre a vida e a produción literaria deste autor pouco coñecido alén das terras de Valdeorras.
06/04/21
20/02/21
O 19 de febreiro de 1914 nacía nos Vilares (Guitiriz) Xosé María Díaz Castro, poeta
22/12/20
Confirmado: Xela Arias
A Real Academia Galega acaba de facer público o nome da poeta Xela Arias (1962-2003) para lle dedicar o próximo Día das Letras Galegas. Entre as razóns que a RAG alega para a súa elección están que se trata da autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida, para alén do seu traballo como tradutora e editora.
15/10/20
Olga Novo, Premio Nacional de Poesía
O xurado seleccionou Feliz Idade, de Olga Novo, poeta nacida hai 45 anos en Vilarmao, na Pobra do Brollón.
Parabéns á autora!
08/10/20
A neoiorquina Louise Glück, gañadora do Nobel de Literatura 2020
Se entras aquí podes coñecer algúns dos seus poemas.
22/03/11
Un trobador moderno
Eis algunhas fotos da súa actuación no noso Centro.
01/09/09
Ola... e adiante
Si, porque estes días conmemoramos os trinta anos da morte dun dos principais poetas galegos contemporáneos, Celso Emilo Ferreiro, que faleceu en Vigo, a cidade en que vivía, e foi soterrado en Celanova, a vila en que nacera.
Un dos poemas de Longa noite de pedra, o seu libro máis coñecido, titúlase María Soliña e consiste nunha denuncia contra a inxustiza; del fixéronse numerosas versións, como as Luar na Lubre e Eva Carreras que vos ofrecemos. Se queres ler a obra, xa sabes que a temos na nosa biblioteca, pero se a queres ler xa, podes entrar aquí; se o que queres é saber algo máis sobre a protagonista do poema, é aquí onde podes mirar e ouvir.
E botamos, pois, a andar con música, memoria e poesía.
27/06/09
Novoneyra
Xa coñecemos o nome do autor a quen se dedicará o Día das Letras Galegas 2010, e a nosa alegría é grande e triple: porque Uxío Novoneyra é un autor xeograficamente próximo, nacido no Courel e moi vinculado á Terra Chá e á comarca de Lugo; porque foron moitos os cursos en que explicamos a súa poesía, aparentemente sinxela pero profunda e chea de sinceridade; e finalmente porque é un autor ao que chegamos a tratar persoalmente.
17/06/09
Congreso sobre Aquilino
Con motivo do centenario do poeta chairego Aquilino Iglesia Alvariño, que se cumpriu o pasado 12 de xuño, a el se adica o IX CONGRESO CULTURA TERRA CHA, que organiza a Fundación Manuel María coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística; a seguir reproducimos o programa de actos que nos envían os organizadores:Domingo, día 21 de xuño
En Castro de Rei, ás 5 da tarde, na rúa e no Teleclub: Inauguración das rúas Aquilino Iglesia Alvariño e Emilio Sinde Nieto, con intervencións de Juan José Díaz Valiño, Alcalde, e Mario Saavedra, Concelleiro de Cultura.
Ricardo Polín, investigador da literatura chairega, pronuncirá a conferencia: ‘Non me esquenzo de vós’. A identidade chairega na poesía de Iglesia Alvariño.
En Muimenta, ás 8 da tarde, na Casa da Cultura: Aproximación a Aquilino Iglesia Alvariño” por Félix Villares, profesor do Seminario de Mondoñedo e responsable do número extraordinario da revista Amencer, dedicado ao poeta.
Recital da súa poesía e intervención musical de Mini e Mero.
Sábado, día 27 de xuño
En Seivane-Vilarente, ás 4,30, ofrenda floral na casa natal de Aquilino Iglesia Alvariño.
Ás 5 na Igrexa parroquial, conferencia de Manolo Regal sobre Aquilino Iglesia Alvariño: 4 estampas rurais.
18/05/09
11/05/09
Da nosa lingua
De momento, para comezar con bo pé, dous vídeos que xentilmente nos pasa o equipo da Biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso, de Mos. O primeiro é do grupo Migallas: o Rap da Lingua, para reafirmar a todos e convencer a algúns sobre o interese do fomento e o uso do noso idioma.
O segundo vídeo, de Dios ke te crew, é un pouco máis rotundo pero segue idéntica liña, esta vez poñendo música ao coñecido "Deitado rente ao mar" poema de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, autor de cuxa morte este ano celebraremos o trixésimo aniversario.
06/05/09
Xunto a Mario Benedetti
Sabemos que, desde hai días, o estado de saúde de Mario Benedetti preocupa; aínda que se deu unha melloría a respecto da semana pasada, o poeta segue ingresado e necesita asistencia alimentaria. Tamén sabemos que a Fundação Saramago pensou que podíamos dar a ler os seus poemas por todo o mundo e, assim, ajudá-lo neste momento. Um poema, se não tiverem nenhum à mão. E se o quiserem passar a outros amigos. Construamos um universo Benedetti para ele, que tantos momentos soube levantar em nós. Obrigado Mario, pela tua sensibilidade derramada. Estamos a acompanhar-te em todo o mundo.O poema co que nos sumanos modestamente á homenaxe ten algúns anos: é daquel tempo tal vez non demasiado remoto aínda en que ver desembarcar tropas americanas en calquera lugar do mundo supoñía unha mostra de imperialismo do país máis poderoso da Terra; hoxe son outros os que gobernan e deles depende que o tema do poema fique definitivamente obsoleto, para ben de todos.
A súa ternura e ironía, sen embargo, durarán para sempre.
SER Y ESTAR
Oh marine
oh boy
una de tus dificultades consiste en que no sabes
distinguir el ser del estar
para ti todo es to be
así que probemos a aclarar las cosas
por ejemplo
una mujer es buena
cuando entona desafinadamente los salmos
y cada dos años cambia el refrigerador
y envía mensualmente su perro al analista
y sólo enfrenta el sexo los sábados de noche
en cambio una mujer está buena
cuando la miras y pones los perplejos ojos en blanco
y la imaginas y la imaginas y la imaginas
y hasta crees que tomando un martini te vendrá el coraje
pero ni así
por ejemplo
un hombre es listo
cuando obtiene millones por teléfono
y evade la conciencia y los impuestos
y abre una buena póliza de seguros
a cobrar cuando llegue a sus setenta
y sea el momento de viajar en excursión a capri y a parís
y consiga violar a la gioconda en pleno louvre
con la vertiginosa polaroid
en cambio
un hombre está listo
cuando ustedes
oh marine
oh boy
aparecen en el horizonte
para inyectarle democracia.
Compromisos
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.










