24/04/09

Tamén maneiros!

Parece que o do noso blog esta semana foi cousa de chegar e encher; despois de tantos meses en crisálida, a Ponte Vella parece que abriu á luz deste mes amigo dos libros e non deixamos de agradecer agasallos e premios. O último, e non por iso o menos importante, é a entrada na categoría dos blogs maneiros por conta dos nosos veciños e amigos do Ollos Grandes, que nos recordan os requisitos que hai que cumprir para ser maneiro de pleno dereito, e son

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Só nos resta seleccionar os blogs maneiros, o que non é nada fácil chegamos tarde á cita, e porque case todos son maneiros e os que non é porque son en realidade moi maneiros, así que con grande esforzo e tento, nominamos os seguintes: Bibliomelide, Biblioteca As Mariñas, Bibliocabe, As Gabarras, Friol: Algo máis que queixo, Os Leóns de Medeiros, Bibliomasa, Milprimaveras, O recanto de Mik, e Andel.

5 comentarios:

MIK dixo...

Moitísimas gracias!!!! Encántanos ser "maneiros"!!
Unha aperta

Friol dixo...

A pesar de mudar as xanelas , pódense seguir mantendo as relacións de boa veciñanza.
Graciñas polo agasallo, levamos pouco tempo remexendo na memoria e trebellando na rede, pero pouco e pouco imos indo.
Esperamos poder manter o merecemento de ser "maneiros".
Un saúdo

As Gabarras dixo...

Grazas polo agasallo tan maneiro! Un honor e unha responsabilidade... Apertas fortes.

Os leóns de Medeiros dixo...

Moitas grazas por vingarvos de nos. Encantanos ser maneiros... e maneiras.

Paramio dixo...

Dende Bibliocabe queremos agradecervos que vos acordarades de nós. Noraboa tamén polo voso traballo.
Beatriz González e M. Luz Paramio

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.