20/04/09

Finalistas


Acaba de publicarse a nómina de finalistas dos Edublogs'09, e este noso blog que é tan voso aparece entre eles.
Para os que o facemos é case como se o camiño rematase aquí; somos tan novatos no mundo dos blogs e no das bibliotecas escolares que termos chegado a ver o Ponte Vella xunto a tantos e tan magníficos blogs nos enche de orgullo e nos dá máis forzas para seguirmos adiante.
Parabéns a todos, finalistas ou non: nunca imaxinamos que camiñar ao voso lado fose tan fermoso.

5 comentarios:

MIK dixo...

PARABÉNS!!!
Pode ser un corto camiño pero moi ben feito. Un recoñecemento ben merecido
Unha aperta

BIBLIOCERVO dixo...

Noraboa a tódolos blogs finalistas e en especial aos blogs das bibliotecas galegas!!
Saúdos dende Cervo

biblioboveda dixo...

Noraboa. Ser finalista xa é u premio ao traballo ben feito.

Ronsel dixo...

Parabéns. Estar aí significa moito. Ogallá esteades alá.
Saúdos

Os leóns de Medeiros dixo...

Tedes un agasallo no noso blog.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.