30/04/09

En galego somos...

Despois das recentes declaracións do Presidente da Xunta sobre a nosa lingua e o ensino, que non comentamos á espera de informacións definitivas, só nos queda esperar que a cordura, a sensibilidade e o sentido común venzan calquera tentación de oportunismo político.
Porque en galego... somos!
(Ilustración: As gabarras)

3 comentarios:

Ronsel dixo...

Se non vos importa, recollo a imaxe: encántame.
Saúdos

BIBLIOCERVO dixo...

Eu tamén a levo para Cervo, co voso permiso, vouno poñer no blog.

As Gabarras dixo...

Ola, Ponte Vella, só por darlle o seu ao seu dono, deixo aquí o nome da autora da do texto e do deseño da imaxe: Silvia Legaspi, alumna de 4º da ESO do IES Breamo de Pontedeume, e que se inspirou na idea que tivera no curso pasado, outra alumna, Ledicia Botas, que agora xa non está no noso centro. Encantounos o resultado e encántanos que o espalledes.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.