Os días 16 e 17 de abril van ter lugar en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2008-09. En representación da nosa irá Lupe Enríquez, como responsable que é dunha biblioteca integrada neste programa da Consellería de Educación.Segundo lemos no blog da campaña de fomento da lectura Hora de ler, os encontros teñen como finalidade intercambiar experiencias e materiais, e continuar a formación en ámbitos diversos como a literatura infantil e xuvenil, a integración das TIC nas prácticas lectoras e escritoras, ALFIN e competencia informacional, os proxectos documentais, ou as posibilidades do programa Meiga, máis aló da súa función como aplicación informática común para as bibliotecas públicas e escolares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario