Decididamente, estamos en racha: agora é o Selo Violeta, que nos concede desde Monterrei un blog amigo cun nome feroz: Os Leóns de Medeiros, que aclaran que “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
As regras para aceptar o Selo Violeta son:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
E por último, os dous desexos: que en ningunha casa falten bos libros, e que tampouco ningún neno ou nena vaia nunca para a cama sen ler ou sen que lle lean un conto.
4 comentarios:
Grazas por acordarvos do noso blog, aínda que me da un pouco de pereza colocar iso do selo violeta. Pero de corazón, grazas e parabéns polo voso traballo.
Moitísimas grazas polo voso agasallo! Que lindo recibir tan bos desexos envoltos na maxia da cor violeta...
Moitas grazas polo agassallo!!! o equipo da biblioteca, que somos coma os nen@s fainos moita ilusión cando alguén se comunica con nós!!. Xa poño o selo no noso blog, pero...teño que pensar nos poderes que desexaría ter...Como hai que escoller só dous e desexariamos tantos, tantos!!!
Saúdos dende a Mariña de Lugo
Moitísimas grazas. Nós consideramos que Ponte Vella merece moitos premios; por iso vos oferecemos este que tedes aquí:
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2009/04/blogue-maneiro.html
Publicar un comentario