"A idea de que a cabalería vai ser subsituída por eses rudos carros de metal é totalmente absurda".
(Ditame do Estado Maior británico tras unha demostración de tanques en 1916).
"Whittle, rapaz, isto é moi interesante pero non vai funcionar nunca"
(Comentario do seu profesor de ciencias aeronáuticas de Cambridge a Frank Whittle cando este lle ensinou os planos do motor a reacción que acababa de inventar).
"Iso dos Raios X é unha completa farsa".
(Lord Kelvin en 1883 nun comunicado á Royal Society).
"Non nos interesa, non ten futuro. Como moito daranse vendido 5.000 unidades en todo o mundo".
(Resposta da IBM aos que logo habían de fundar Xerox, en referencia á fotocopiadora).
"As viaxes en tren a alta velocidade non son posibles, pois os pasaxeiros, ao non daren respirado, habían de morrer asfixiados".
(opinión do profesor Larder, catedrático de Ciencias Naturais do University College of London).
"A televisión non ten futuro. A xente logo se ha de fartar de sentar cada noite a mirar unha caixa".
(Darryl Zanuck, produtor de cine de Hollywood, en 1946).
Ningún comentario:
Publicar un comentario