21/03/09

Día Mundial da Poesía

Desde que a UNESCO o instituiu no ano 2000, cada 21 de marzo, no equinoccio de primavera, celébrase en todo o mundo o Día da Poesía. O blog da Nosa Biblioteca quere sumarse a esta celebración, non sen lembrar antes as palabras do Director Xeral da Organización na súa mensaxe, e que teñen un significado especial para os galegos do noso tempo: "A diversidade lingüística é unha das formas máis valiosas que asume a diversidade cultural. Grazas a que son capaces de captaren a infinita variedade do mundo e a que se prestan á tradución, as linguas poden articular a singularidade e a universalidade. Este vínculo maniféstase con máxima intensidade na poesía. Toda lingua ten a súa".
Nos vindeiros días iremos publicando textos poéticos escollidos polos amigos do blog e da Nosa Biblioteca para a celebración. De momento, vai esta antoloxía inzada de grandes poemas e grandes poetas. Le e escoita.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.