Eis a belísima nebulosa Roseta, a 3.000 anos luz de nós, unha das nebulosas máis grandes e masivas que se coñecen.
Esta imaxe é dunha das rexións máis belas da Vía Láctea, tamén chamada Camiño de Santiago, desde latitudes septentrionais.
Imaxe en falsa cor do corazón do cúmulo estelar aberto sigma Orionis. O cúmulo é moi novo (uns tres millóns de anos) e rico en ananas marróns, estrelas con discos protoplanetarios e emisión de raios X. A estrela brillante do centro é a cuarta máis brillante do Cinto de Orión, visible a simple vista. En realidade, é un sistema múltiple de estrelas moi quentes que dá nome ao cúmulo. Os outros obxectos vermellos son galaxias lonxanas con pó e gas, por exemplo, quásares. O amarelecidos e alaranxados son estrelas do cúmulo sigma Orionis.
A galaxia NGC 7331 foi descuberta polo astrónomo William Herschel en 1784.
A nebulosa Messier 8 ou da Lagoa é unha nube de gas interestelar xigante que está na constelación de Saxitario.
A nebulosa do Cangarexo é remanente dunha explosión de supernova que apareceu nos ceos occidentais en 1054. Este obxecto está en continua expansión, o que se pode ver claramente en fotos tomadas con poucos meses de diferenza. Estudando esta expansión deduciuse que a nebulosa se formara 900 años atrás, e eran os restos da famosa supernova observada por astrónomos chineses e árabes o 4 de xullo de 1054; foron observados por primeira vez en 1731 por John Bevis, e debuxados en 1844 por William Parsons con semellanza a un cangarexo, de aí o nome. Está formada por restos do material exectado pola explosión da supernova. Estes obxectos teñen tal densidade que é equivalente a concentrar toda a masa do noso Sol nun volume duns 30 km, é dicir, que unha culler de té deste material pesaría uns 100 millóns de toneladas.A galaxia brillante descuberta en 1781 por Pierre Méchain levou o nome de Galaxia do Sombreiro pola súa aparencia, na que destaca unha perfillada banda de pó moi grosa. Ten un núcleo moi brillante e brazos espirais moi ben definidos. Tamén unha aura pronunciada e infrecuente, cun rico sistema de cúmulos globulares.
A nebulosa da Chama ou da Árbore de Nadal ou NGC2024, é unha rexión de gas e pó escurecido no complexo da nube molecular de Orión, que inclúe a famosa nebulosa da Cabeza do Cabalo, situada a 1.500 anos luz de distancia do Sistema Solar. Esta nebulosa é fácil de localizar, dado que se atopa moi perto da estrela brillante que está máis á esquerda no cinto de Orión: Alnitak, que envía luz enerxética á nebulosa da Chama.
A nebulosa Dumbbell, ou M27, descuberta en 1764 por Charles Messier. Foi a primeira nebulosa planetaria observada e unha das máis impresionantes; o seu nome inglés provén da forma de pesa que mostra através do telescopio. Supónselle unha idade duns 4.000 anos e está a uns 500 anos luz da Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario