22/03/09

Palabras para Goytisolo

Seguimos coa celebración do Día Mundial da Poesía, e queremos cumprir a nosa promesa de celebralo enchendo este espazo de poesía en variadas linguas e con temáticas variadas, como para demostrar que en realidade a poesía é universal.
Hai dez anos, por estes días, deixábanos traxicamente un dos poetas máis íntimos e persoais da poesía española contemporánea; pero certamente non nos deixou a súa obra, que segue tan viva como cando foi escrita, nin sequera a súa voz, que tan frecuentemente se intercambiou e confundiu coa de Paco Ibáñez, cantor que a difundiu e popularizou ao longo de polo menos dúas xeracións.
A seguir presentamos unha montaxe sobre Palabras para Julia na voz de Paco Ibáñez; as imaxes que acompañan a canción son de Hopper, e Rockwell, pero principalmente de Gustavo Aimar, xenial ilustrador arxentino que amablemente accedeu á nosa petición de utilizarmos algunhas ilustracións do seu excelente blog para esta entrada.


Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.